ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Entradas esgotadas para ver a Pereza na Sala Capitol

Redacción 20 de marzo 2006 Pereza actuará o vindeiro venres 24 na Sala Capitol de Compostela. Pese a que aínda quedan días para o concerto as entradas xa están esgotadas dende hai máis de unha semana. Outras propostas para na Capitol, o sábado toca Nach, e o martes The Cynics+Los Ruines.

Agora empeza o bo para Pereza, xusto cando se pon á venda “Animales”, un puñado de cancións que exceden as previsións: cancións próximas, de demostrábel sinceridade, que cheiran aínda quentiño (como as vísceras), que rezuman complicidade. Gravado en Madrid este pasado inverno, e producido por Nigel Walker (Bob Dylan, Tom Petty, Aerosmith, A Orella de Van Gogh), “Animales” convértese na promesa do rock cool estatal cantado en castelán... Nun exercicio de estudo de sa autoestima, a parella prescindiu de invitados de relumbrón e tan só a súa banda de acompañamento en directo secúndalles nun par de temas. O resto gravárono todo eles: Leiva só se encargou da sección rítmica (baixo, batería e percusións) e o tamden Leiva/Rubén de todas as guitarras, as pinceladas de loops e as voces... Sobrados, moi sobrados.

O Concerto será este venres 24 na Sala Capitol (Concepción Arenal, 5) para os afortunados que conseguiron mercar as entradas.

Máis información en: Salacapitol.com.

Voltar a novas

Ver anteriores