|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*En
10 días Vilagarcía será o referente
peninsular do erotismo: comeza o I Salón Erótico do
Atlántico
Redacción
20 de marzo 2006 Algunhas das
principais estrelas do cine erótico do mundo, estarán
en Vilagarcía. Xa confirmaron a súa presenza
Dora Venter, Maria Bellucci, Leticia Bruni, Conrad Son, Evita de
Luna, Carmen Vera, e a española gañadora do programa
de TV “7 días 7 noites”, Lena Gasol.
O
SEDA
(Salón Erótico do Atlántico) celebrarase
entre o 30 de marzo e o 2 de abril no Recinto Feiral de Vilagarcía
de Arousa (FEXDEGA).
No SEDA estarán
representados todos os sectores que compoñen o mundo
erótico: sex shops, audiovisual, publicacións
especializadas, moda, bibliografía, gastronomía,
espectáculos, ...
O carácter do Salón
será mixto, profesional e público en xeral, para
favorecer os negocios entre as empresas e informar aos visitantes
de todas as novidades do ámbito erótico.
No
SEDA presentaranse espectáculos en directo, novidades
interesantes, casting, xornadas gastronómicas, etc.,
realizados por expertos a nivel internacional, o que dará
un gran atractivo ao Salón.
Vilagarcía pasará
a competir, así, con Barcelona e Lisboa no cartel
peninsular de feiras eróticas. No SEDA daranse cita ao
redor de cincuenta expositores chegados de diversos puntos do
Estado e do estranxeiro. O salón mostrará as
novidades do sector no campo do cine, revistas e publicacións
especializadas, lencería, artigos de sex shop e unha ampla
gama de produtos.
A organización da feira é a
firma Planner & Proceltha, especializada na celebración
de todo tipo de eventos feira, e con gran tradición na
procura de nichos de mercado ferial aínda non
explotados.
A oferta será similar á que se
pode ver en Barcelona cada ano, onde acoden as grandes estrelas do
cine porno para promocionar as súas películas. Desde
a empresa organizadora informan que xa se iniciaron as
negociacións con figuras do cine para adultos, nacionais e
internacionais, para que acudan a Vilagarcía.
O
Salon Erótico do Atlántico está dirixido ao
público maior de idade -esixirase presentar o carné
á entrada- e será de carácter mixto: para o
público en xeral e para profesionais. De feito, un dos
catro días de feira estará dedicado exclusivamente
aos empresarios do ramo co fin de facilitar os contactos
comerciais sen aglomeracións de público.
Desde
a fundación Fexdega, propietaria do recinto ferial non
dubidan do importante tirón deste evento e auspician un
éxito de asistencia e gran impacto mediático.
En
todo caso, a organización aposta por darlle un sesgo o máis
profesional posible á cita, dadas as boas perspectivas
económicas que se abren para o sector no país.
Mentres que en Barcelona e o Mediterráneo este negocio está
xa saturado, en Galiza aínda hai moito mercado por
explotar, segundo apuntan desde a empresa.
Ao longo de 4
días, profesionais e visitantes poderán gozar de:
XORNADAS GASTRONÓMICAS AFRODISIACAS Receitas eróticas
para espertar o lado máis sensual. MUNDO GAY E LÉSBICO
Clubs e bares que recrean o ambiente máis íntimo
onde se poderá gozar de espectáculos gays e
lésbicos, proxeccións, etc. CASTING Primeira
convocatoria dun casting para converterse nunha estrela erótica
ou en modelo. MODA ERÓTICA Presentacións en
directo a moda máis suxestiva. SHOWS estan programados
distintos espectáculos en directo, hetero, gay e
lésbico. CINE Presentacion das últimas novidades
nacionais e internacionais do sector. LIBRARÍA ERÓTICA
Últimas publicacións en libros, revistas e prensa
especializada. CONCURSOS.
Máis información
en: Salonseda.com.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|