|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Os
profesionais da escea teatral valoran positivamente os cauces de
participación cidadá que abre a proposta estatutaria
do BNG
Redacción
20 de marzo 2006
Os
nacionalistas
propoñen crear un Instituto de Galiza que agrupe ás
entidades culturais de carácter oficial. Cándido
Pazó e Marcos Lorenzo, presidente e xerente da Asociación
de Actores, Directores e Técnicos de Escea de Galiza
(AADTG), amosaron un especial interese nos mecanismos de
participación cidadá que abre o Estatuto de Galiza
elaborado polo BNG.
Foron
recibidos o pasado venres na sede nacional da organización
nacionalista por Francisco Jorquera, coordenador executivo e Xoán
Carlos Bascuas, secretario de Comunicación.
En
concreto, o artigo 69 do texto legal proposto polo BNG propón
crear o Instituto de Galiza: “Institución suprema de
defensa, promoción e representación da cultura e da
lingua galega. Nel intégranse o Consello da Cultura Galega,
a Real Academia Galega, o Fondo Cultural Galego e outras entidades
que a lei determine”.
Segundo Bascuas, os actores
amosáronse interesados na posibilidade de faceren propostas
á comisión que elabore o Estatuto. Ademais,
valoraron este proceso estatutario como o axeitado para definir a
acción política no referente á cultura.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|