|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Comeza
Xpressate en Tui’06 como preámbulo de Play-Doc o
Festival Internacional de Documentais de Tui
Redacción
20 de marzo 2006
Os seis traballos que participan presentan
grandes expectativas artísticas. Os seis novos talentos
escollidos por Play-Doc e Avid Technology para participar no
taller Xpréssate en Tui’06 iniciaron o sabado pasado
a súa semana de aprendizaxe nesta nova iniciativa que se
estrea precisamente en Tui.
O
obxectivo, segundo explicou Jose Ramón Rodríguez,
Director Xeral de Avid-Technology, é “apoiar aos
novos talentos até o éxito”. O responsábel
de Avid no Estado esspañol e Portugal fixo un repaso aos
obxectivos desta iniciativa cuxo último fin é
“promocionar a obra pero tamén o que máis nos
interesa é a persoa”, dicía.
Durante a
fin de semana pasada, na aula montada na Área Panorámica
os seis realizadores terán a oportunidade de aprender da
experiencia de Fernando Pardo, recentemente galardoado cun Goya
por “Habana Blues”, posteriormente, de luns a xoves,
traballarán xa no seu propio proxecto editando un
documental que non superará os cinco minutos, e que o
sábado proxectarán dentro de Play-Doc no Teatro
Municipal de Tui. O público será entón quen
co seu voto decida quen é o gañador desta edición.
Jose Ramón Rodríguez, na súa
intervención ante os medios de comunicación, tivo
eloxios para Play-Doc indicando que “xa o ano pasado
sorprendeunos gratamente” e engadindo que para a posta en
marcha de Xpréssate produciuse unha perfecta simbiose entre
Avid e os Directores do Festival tudense.
Para rematar
Angel Sánchez, director de Play-Doc xunto a Sara García,
indicou que “estamos xuntar sinerxias nun obxectivo común”
engadindo que “pretendemos sacar á luz historias que
merecen ser vistas e apoiar aos novos realizadores”.
Os
seis mozos que participan en Xpréssate en Tui’06
explicaron brevemente a historia que presentarán no seu
documental, destacando todas elas pola súa gran carga
emocional.
Rafael Salazar trata o problema dos trastornos
de aprendizaxe de nenos en “Cando as palabras bailan”,
Nacho Cabana conta a curiosa historia dun loitador de loita libre
que se converteu sacerdote en “Frei Tormenta, sacerdote e
loitador”, “Nada” de Raquel Barreira experimenta
co baleiro emocional e físico que produce a perda dun ser
querido. O vigués Xacobo Sanmartín con “I love
Teis” aborda o desaloxo de 500 vivendas neste barrio debido
ao Plan Xeral de Urbanismo, pola súa banda Rubén
Pardiñas desdramatiza os problemas territoriais co proxecto
“Fronteiras” centrándose na fronteira Galiza e
Asturias. Finalmente, Mónica Cortés achéganos
ao duro traballo das pulpeiras en “O mundo polas mans”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|