|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Roteiro
polas Carballeiras do Ulla (Vila de Cruces)
Redacción
20 de xaneiro 2006
Este domingo, día
22, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
organiza unha ruta polas beiras do Ulla, nun treito,
correspondente aos concellos de Vila de Cruces por unha
beira e de Touro pola outra, no que aínda se pode disfrutar
de pasear entre carballeiras e bosque de ribeira, ademáis
de apreciar o valioso patrimonio etnográfico dos muiños
e pesqueiras que abundan no treito que que se vai visitar.
Merece
a pena tamén ver a vella ponte de madeira que cruza o río
á altura de Santomé de Obra e que ata o ano 96, no
que se construíu unha ponte paralela de formigón,
estivo aínda en uso.
Dende
o punto de vista reivindicativo, este treito do Ulla está
hoxe amenazado por dúas concesións hidroeléctricas
do anterior governo en funcións que dende ADEGA, dende os
veciños e dende os concellos de Vila de Cruces e Touro
seguen insistindo en que teñen que ser anuladas. Esta é
precisamente unha das razóns deste roteiro que organizamos
conxuntamente cos veciños de Obra e Brandomés (Vila
de Cruces): chamar a atención de AUGAS DE GALICIA sobre os
compromisos anunciados polo Conselleiro de Meio Ambiente de anular
estas concesións, sen que ata o momento, vencidos xa os
prazos de contestación aos recursos de alzada, nada
concreto se saiba ao respecto.
Trátase dun roteiro
sen dificultade algunha por pistas e vellos camiños pola
beira do río do que vale a pena disfrutar sen prisa.
Coma
sempre o roteiro está aberto a todos e a todas os que
gusten dun día ao aire libre. O autobús
sairá, -ao igual que en ocasións anteriores-, de
diante da Escola de Maxisterio de Lugo ás 9 da mañá.
Apuntarse chamando ao 639.664924 (Montse).
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|