ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Continúa a Homenaxe Itinerante ao poeta Manuel María



Redacción 19 de outubro 2005 Esta vez será en Outeiro de Rei onde se apresentará o libro Andando a Terrra con Manuel María de Felipe Senén. A continuación realizarase o primeiro dos roteiros pola Terra Chá acompañados do autor da obra. Será este sábado 22 ás 10:30 da mañá. Sairán autobuses dende Lugo e hai reservado un restaurante para o xantar. Para
acudir debes de anotarte chamando á AS-PG de Lugo (982 24 26 82 ou no correo electrónico
lugo@as-pg.com) antes de este xoves 20.

Roteiro por Outeiro de Rei

A AS-PG, a CIG-Ensino, a AELG e a MNL,
como organizacións comprometidas coa cultura galega, puxemos en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, un ano após do seu falecemento.Serán seis meses de estreas de espectáculos musicais, teatrais, audiovisuais, exposicións, homenaxes, etc nas diferentes cidades galegas, que logo terán unha difusión posterior por toda Galiza durante todo o ano 2006.

Quizais é a programación máis completa e ambiciosa que se ten feito na Galiza contemporánea para homenaxear unha figura das letras. Máis esta singularidade está en consoancia co feito de coincidiren na persoa de Manuel María factores tan diversos e relevantes como o de posuír unha calidade humana e unha ética excepcionais; o manter un compromiso con Galiza e coa súa cultura sen desfalecemento durante toda a súa vida; ser posuidor dunha vastísima cultura que sempre puxo ao servizo do noso País; ser autor dunha obra inmensa e de grandísima calidade literaria. (Para máis información
www.manuelmaria.com )

Manuel María é o NOSO POETA NACIONAL e nós, para homenaxealo, celebraremos un roteiro polas terras de Outeiro de Rei que Manuel Maria tanto quería, o sábado 22 de outubro.


A AS-PG/CIG/AELG/A MESA comprácense en convidarvos á presentación do libro de roteiros Andando a Terra con Manuel María o sábado 22 de outubro ás 10:30 horas da mañá na casa do Concello de outeiro de Rei. A seguir, realizaremos o primeiro dos roteiros pola Tera Chá, acompañados do autor da obra, Felipe Senén.
Durante todo o día percorreremos os lugares máis emblemáticos da chaira natal de Manuel María.

Sairá un autobús de Lugo ás 10:00 horas diante de Sindicatos. se desexas facer uso do bus debes comunicarnolo antes do xoves día 20 no 982 24 26 82 ou no correo electrónico
lugo@as-pg.com. Temos reservado xantar no Restaurante O Labrego de Baamonde, se desexas quedarte a comer, debes tamén comunicalo antes do xoves.




Voltar a novas

Ver anteriores