Publicidade
Contacto
|
*Remata a rodaxe da serie documental “Destino Kala Pattar: aos pes do monte Everest”
Redacción 19 de setembro de 2006 Ficción Producciones e Namche Films finalizan a rodaxe, nela mostrarán, estes fermosos paisaxes e rasgos culturais. TVG adquire dous capítulos de 50’
As produtoras Ficción Producciones e Namche Films, remataron o 8 de setembro a rodaxe dunha serie documental de viaxe, en formato HDV, dirixida e guionizada por Henrique Banet, na que se amosan as paisaxes na subida a Kala Pattar, no Himalaya, unhas vistas que están consideradas das máis fermosas do mundo. A produción editarase en dez capítulos de 25 minutos cada un deles, e a voz que escoitaremos na súa emisión, será a da actriz galega Mabel Rivera, que irá describindo a beleza das paraxes e todo canto implica esta aventura audiovisual da que son produtores executivos Julio Casal e Henrique Banet; a dirección de fotografía é responsabilidade de Alfonso Parra, e as directoras de produción son Mamen Quintas e Mabel Rivera.
No traballo colaboraron expertos locais e tres científicos da Universidade de Santiago de Compostela, entre eles Tenzing Norbu Sherpa, Sherap Jangbu e Kiroj Man Singh; o botánico Iñigo Pulgar Sañudo, o zoólogo Carlos Otero González, e o xeomorfoloxista Augusto Pérez Alberti.
O investimento por parte das dúas empresas produtoras galegas ascende a algo máis de 110.000 euros. TVG adquire dous capítulos desta serie, editados expresamente, de 50 minutos cada un deles.
Sinopse da serie documental
Dúas persoas están vendo un documental na tv, e senten unha gran fascinación polas maxestosas vistas do Monte Everest, polo que deciden viaxar ao Himalaya e subir a Kala Pattar para admirar unha das paisaxes consideradas das máis fermosas do mundo. Un pequeno grupo de expertos colaboran nesta esta aventura para axudalos a comprender mellor as peculiaridades destes lugares. Ao longo das diferentes etapas, van explicando as dificultades que tiveron que afrontar durante o ascenso, como as queimaduras, a deshidratación, a aclimatación ao medio, o temido mal de altura e outras moitas. Tamén os axudarán a previr e resolver estas mesmas dificultades que chegan a producir situacións perigosas. Todo narrado cun estilo moi directo, de fácil comprensión, que vai dirixida a todo tipo de público.
Contido de cada capítulo
1. Preparación da viaxe
2. Val de Kanmandú
3. Subida á montaña
4. Ruta Lukla – Phakding
5. Ruta Phakding - Namche Bazar
6. Ruta Namche Bazar - Tengboche
7. Ruta Tengboche - Dingboche
8. Ruta Dinbgboche - Pheriche
9. Ruta Pheriche - Lobuche
10. Ruta Lobuche - Gora Shep
O proxecto
Durante moitos anos, case trinta, temos viaxado ao Himalaya como tantas outras persoas: para facer traking, en expedicións de alta montaña, coñecer e mercar artesanías, etc…, e sempre, quedamos marabilladas e marabillados polas súas extraordinarias paisaxes; co paso dos anos, suscitámonos grande cantidade de preguntas das que imos buscando resposta na rodaxe.
Como son as relacións sociais dentro destas etnias? Como afecta a unha cultura historicamente illada a chegada dos occidentais? Como viven cando non hai expedicións? Como é a súa agricultura? Cales son súas crenzas? Como rezan? Cales son os seus deuses, as súas festas? Como constrúen? Como nacen? Como morren…?, e outras tantas preguntas. Só un feito común a tódalas etnias himalayas- fainas diferentes e admirables: viven de xeito estable por riba dos 3.500 metros de altitude, en condicións case sempre durísimas: esta é a súa historia.
Afondamos no seu coñecemento, e para iso rodamos a rexión de Solo Khumbu, ao pe do Monte Everest. O grupo Sherpa que alí reside é moi coñecido porque del saen a meirande parte dos portadores e guías de montaña, incluídos os guías de altura, que acompañan as grandes expedicións que van aos cumios do Everest, Lhotse ou o Makalu.
Durante a nosa estadía, establecemos con eles unha relación fluída, auténtica, que nos permitiu coñecelos mellor. Tentamos comprender o porqué e o cómo da súa adaptación ao medio, cómo evolucionaron na razón de ser que lles impulsa a vivir nestas altitudes en tan durísimas condicións.
Compartimos con eles ó illamento máis absoluto polas grandes nevadas, a algarabía buliciosa das súas festas relixiosas, así como os monzóns, etc…
Todas as manifestacións que conforman a súa cultura.
Voltar a novas
Ver anteriores
|
|