GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*O CEIDA contará con Calros Silvar para un curso de ilustración da natureza

Redacción 19 de setembro de 2006 O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un curso de Perfeccionamento en Ilustración da Natureza.

O encargado de impartir o curso será Calros Silvar, licenciado en Belas Artes e ilustrador. Guías da natureza editadas por Baía Edicións coma a "Guía de Árbores de Galiza" e a "Guía de Aves de Galiza" contan coas súas ilustracións. Traballa, tamén, como deseñador en “O Castro- Sargadelos”.

O taller de ilustración comezará o vindeiro luns 25 de setembro e rematará o sábado 7 de outubro. Terá lugar os luns, mércores e venres de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 horas. Esta é a segunda ocasión na que o Castelo de Santa Cruz acolle o curso de perfeccionamento de mans de Calros Silvar.

Os obxectivos do curso son afondar nas técnicas de debuxo para a realización de apuntes de campo introducindo a cor nos rexistros, completando e enriquecendo as observacións efectuadas, de xeito que constitúan unha boa base para a realización de ilustracións finais.

A temática a tratar neste curso de perfeccionamento é a seguinte: materiais e equipamento básico, teoría da cor, técnicas básicas, apuntes do natural (I), uso da cor, bocexos de campo a cor, bocexos con seres vivos e apuntes do natural (II).


Voltar a novas


Ver anteriores