Publicidade
Contacto
|
*ADEGA ratifica ante o Fiscal de Medio Ambiente as denuncias de construcións na Rede Natura
Redacción 19 de setembro de 2006 Na mañá de onte, o Secretario Xeral de ADEGA e máis o Secretario Executivo ratificaron diante do Fiscal de Medio Ambiente as denuncias urbanísticas remitidas xa a semana pasada. Nestes escritos dábase conta ao fiscal de dúas graves actuacións: unha urbanización en Valdoviño, afectando a hábitats prioritarios da Rede Natura, e a construción de dous chalés dentro do Parque Natural de Corrubedo.
No acto de ratificación aportóuselle ao fiscal documentación gráfica sobre as dúas denuncias urbanísticas e tamén un extenso informe sobre a urbanización de espazos da Rede Natura na provincia da Coruña. Dende ADEGA pretenden que a Fiscalía tome conciencia das graves actuacións que están a consentirse na nosa Rede Natura e que comprometen a súa conservación, a fin de que se implique con maior interese na defensa dos espazos protexidos.
Por parte de ADEGA, agardan que destas denuncias resulte non só a paralización efectiva das urbanizacións denunciadas, senón tamén que actúen como elementos disuasorios para outras actuacións urbanísticas ilegais, inadmisíbeis nos espazos protexidos da Rede Natura do litoral.
Voltar a novas
Ver
anteriores |
|