GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Presentan a reedición do disco Os soños na Gaiola

Redacción 19 de setembro de 2006
Dentro das Xornadas de música de Lugo, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino, que se celebran desde o 18 até o 22 de setembro no CEE Santa María de Lugo (Colexio de Xordos) cunha duración de vinte horas e que levan por título Danza e percusión oral, vaise presentar a reedición do disco Os soños na Gaiola, musicado por Suso Vaamonde e con letras de Manuel María.

Esta presentación está inserida dentro dos actos de homenaxe ao poeta nacional, Manuel María, que están levando a cabo a Asociación Socio Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola NL e Asociación de escritores en lingua galega. Levarase a cabo o Xoves 21 de setembro ás 19:00 horas, no CEE Sta. María de Lugo (Colexio de Xordos).


Voltar a novas


Ver anteriores