GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Mofa e Befa presentan Sempre ao Lonxe

Redacción 19 de setembro de 2006 Os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 ás 22,00h. e domingo 24 ás 20,30h. de setembro Mofa e Befa presentan Sempre ao Lonxe na Sala Nasa en Compostela.

Os Mofa e Befa veñen de facer unha significativa aportación á “alianza de civilizacións” promovida polo presidente ZP, con esta nova obra de carácter didáctico na que o espectador  poderá ver de preto representantes das etnias máis estrafalarias: Romenos da Arousa, Moinantes Sicilianos e Flamencos Abertzales.

De forte contido musical, esta obra pretende ser o cerne dun futuro espectáculo operístico. Os xéneros van do rock á tarantela pasando pola rumba vasca e máis pola repichoca palermitana. Un amplo abano que, se ben non dá para flipar polas pernas, polo menos dá para despistar ao respectábel e agochar as eivas dos executantes.

Prezos: 8 € | estud/parado-as: 6 € | tripulación: 4 € | adiantada en internet: 6 €

En escena: Evaristo Calvo, Victor Mosqueira, Piti Sanz. Dirección: Quico Cadaval. Texto: Evaristo Calvo, Victor Mosqueira, Quico Cadaval. Escenografía e vestiario: M&B. Música: Piti Sanz


Voltar a novas


Ver anteriores