ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Israel retoma asasinatos selectivos de palestinos


Redacción, 19 de xullo 2005. Coa morte de sete palestinos alcanzados por proxectís israelíes, o Goberno do Estado hebreo retornou este venres a súa práctica de asasinatos selectivos e quebrou a tregua acordada no cúmio bilateral de febreiro pasado no balneario exipcio de Sharm al Sheik.

Os ataques foron perpetrados con helicópteros de combate contra presuntos membros do movemento da Resistencia Islámica (Hamas), segundo un informe do mando militar israelí, detalla a axencia Prensa Latina.

Unha das aeronaves disparou un misil contra un automóvil no sur da cidade de Gaza e causou a morte a tres palestinos.

Outros tres pereceron na vila de Salfit, na Franxa de Gaza, cando o seu vehículo tamén foi alcanzado por un cohete.

Un ocupante dese segundo automóvil que resultou gravemente ferido, morreu pouco despois no hospital dese poboado, informou a emisora Voz de Palestina.

A radio recordou que este tipo de operación selectiva é empregado polas tropas ocupantes para eliminar a líderes e activistas da resistencia palestina.

Este venres, os israelitas tamén bombardearon unha zona residencial ubicada entre as localidades cisxordanas de Ramallah e Nablus.

O Exército israelí non precisou con que obxetivo se realizou o ataque, nin tampouco revelou o número de vítimas que puideron provocar os impactos de tres misiles nese lugar.

Con anterioridade, a radio informou sobre enfrentamentos entre miembros de Hamas e policías palestinos. Dous adolescentes morreron polo fogo cruzado e 20 personas foron feridas, delas nove eran axentes.

Axencia Bolivariana de Noticias



Voltar a novas

Ver anteriores