ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Estados Unidos é incapaz de neutralizar a resistencia en Faluja


Redacción, 19 de xullo 2005. Oito meses despois do asalto do exército estadounidense a Faluja, a ciudade iraquí mantense como un bastión da resistencia, afirmou na súa edición do 16 de xullo o diario The New York Times.

Esa localidade debería ser a máis segura de Iraq porque foi transformada nunha zona militar tras o último inverno, pero a realidade é outra, subliña o periódico.

A publicación resalta un rebrote da insurxencia nesa cidade, pese á presencia de miles de soldados norteamericanos e iraquíes, os toques de queda e reténs militares.

Polo menos catro coches explotaron nas últimas semanas en Faluja, un dos cais causou a morte a seis militares do Pentágono, agrega.

The New York Times sinala que, como consecuencia das accións dos grupos armados opositores, dous das cinco estacións de policía foron destruidas.

Ademáis tres membros do consello da cidade renunciaron aos seus cargos e outro deixou de asistir ás reunións por temor a ser obxeto dun atentado.

Aínda que algúns habitantes da localidade criticaron as accións dos rebeldes, agora apoianas.

Moitos en Faluja querían a saida dos insurxentes, pero tras a humillación das forzas estadounidenses mostranse na actualidade a favor da insurxencia, comentou Abdul Jabbar Kadhim al Alwani, dono dunha tenda de reparación de coches.

Citada polo rotativo, unha fonte oficial norteamericana admitiu que os activistas que combaten á ocupación están reagrupándose nesa cidade.

Mentres máis persoas regresan a Faluja, a probabilidade de aumentos da infiltración da resistencia será maior, agregou.

Con 300.000 habitantes antes do asalto norteamericano, a cidade representou a resistencia ao poder de Washington non só en Iraq senon no Medio Oriente, apunta o diario.

Ante os continuos ataques contra as forzas de ocupación, o Pentágono lanzou contra Faluja unha operación militar de envergadura en novembro de 2004, que destruiu gran parte da chamada Cidade das Mil Mezquitas.

Para o diario, esa incursión foi a máis violenta na que participou o exército estadounidense desde a Guerra de Vietnam.

Argenpress



Voltar a novas

Ver anteriores