ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Haiti: asesinatos das tropas de ocupacion brasileiras


Redacción, 19 de xullo 2005. A MINUSTAH (Misión das Nacións Unidas para a Estabilización de Haití), atacou unha barriada de Porto Príncipe –capital de Haití- en busca do que denominan “bandidos”. Na acción asasinaron entre 23 e 50 personas, moitos deles nenos, mulleres, traballadores que concurrían a realizar as súas labores. Para o tenente xeneral brasileiro Augusto Heleno, a operación foi: “un éxito”.

Ao mellor estilo das operacións das ditaduras ou dos marines ianquis, as tropas brasileiras, ao mando do tenente xeneral Augusto Heleno, entraron na madrugada do 6 de xullo en Cité Soleil (a barriada popular máis grande de Porto Príncipe, a capital de Haití). O obxetivo oficial era deter a Emmanuel Wilner alcumado “Dread Wilmé”, un suposto xefe de "bandidos" que - segundo o goberno de facto de Haití e os xefes da MINUSTAH - cos seus lugartenentes sembran o terror na capital e outras rexiones do país.

Montados en 40 blindados, 2 helicópteros, os 350 homes fortemente armados atacaron á pobosción civil, con fogo de ametralladoras, tanques e gases lacrimóxenos. A ofensiva “dos pacificadores brasileiros”, que contou co apoio na retaguardia da policía haitiana, chegou ao interior das humildes vivendas da barriada –moitas delas están construidas con chapas de cartón e latas-; tamén atacaron galpóns, unha igrexa e unha escola. Ao mesmo tempo que desataban o brutal ataque as tropas bloquearon os canellóns da barriada encerrando nunha trampa de fogo e chumbo aos seus habitantes, segundo as testemuñas moitos dos que intentaban fuxir eran abatidos polas costas. Entre os mortos hai nenos, mulleres, traballadores que a esa hora ían aos seus lugares de traballo. Os feridos contanse por centos.

Haití, o país máis pobre de América, ten unha elite económica-mafiosa con probadas relacións co imperialismo estadounidense. A misión da ONU, os famosos Cascos Azuis, baixo os cais marchan tropas de Brasil, Chile e Arxentina, están lonxe de resolver os problemas de violencia xerados polos paramilitares e as bandas apoiadas por Washington. En xuño máis de 100 persoas foron secuestradas en Porto Príncipe. E xa se adianta que xullo marcará un novo récord en secuestros e asasinatos. Ao mesmo tempo a fame endémica, o analfabetismo, as mortes por desnutrición e enfermidades derivadas da pobreza azoutan á inmensa maioría dos 8 millóns de haitianos.

Este é o país que os mercenarios arxentinos, brasileiros e chilenos foron a “pacificar”. Logo da masacre o Tenente Xeneral Augusto Heleno reivindicou a operación como un "éxito" e horas máis tarde foi entrevistado polo profesor do colexio de San Francisco Seth Donnelly, que estaba en Haití participando nunha delegación polos dereitos humanos. Donnelly dixo: "o Tenente Xeneral Augusto Heleno inicialmente desafionos preguntando para que nos preocupábamos dos dereitos dos ´bandidos´ e non da ´forza legal´. Pareceu desprezar os testemuños da comunidad ligándoos á hostilidade e os ataques de "bandas" ás forzas da ONU. No fondo, di que a comunidade de Porto Príncipe é en sí unha ´comunidade bandida´. Ademais de Donnelly, a organización humanitaria estadounidense Labor Human Rights foi tamén testemuña da acción “pacificadora” dos invasores.

Axencia Walsh
Fontes: CORREPI - Aporrea



Voltar a novas

Ver anteriores