|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Anxo
Quintana envía, en nome do BNG, unha mensaxe de
felicitación a Óscar Pereiro
Redacción,
19 de xullo 2005.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, enviou esta tarde unha
mensaxe de felicitación a Óscar Pereiro polo seu
grande trunfo na tirada de hoxe do Tour de Franza.
Quintana
seguiu a retransmisión televisiva da victoria de Pereiro, a
quen deu os parabéns non só pola súa
actuación na tirada de hoxe, senón tamén polo
brillante papel que en xeral está a protagonizar na proba
ciclista máis importante do mundo.
O
trunfo de Pereiro é un bon exemplo de até que ponto
os galegos e as galegas son capaces de se abrir paso exitosamente
en distintos campos a escala internacional, entre eles o deporte
profesional ao máis alto nível.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|