|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*1.500 alumnos de primaria e secundaria asistiron á Mostra da Oralidade para centros educativos no Porriño
Redacción 19 de maio de 2006 O patrimonio inmaterial estará representado por Avelino González, Luis Caruncho e Augusto Canario, Toñito de Poi, Loreta Martin e Locamotora Animación.
Máis de 1.500 alumnos de centros educativos de primaria e secundaria do sur de Galiza e do norte de Portugal encheron hoxe venres a Carpa da Cultura Circula para asistir ao Festival da Oralidade “Os nosos sons” que Ponte...nas ondas! organiza xunto co Concello de O Porriño e a Consellería de Cultura.
Centros educativos de primaira e secundaria de Tui, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, Gondomar, As Neves, Tomiño, Monçao, Melgaço e Valença do Minho participaron nesta actividade.
Con este festival, organizado aproveitando instalación da Carpa da Cultura Circula no Porriño, Ponte...nas ondas! promove por primeira vez un festival da oralidade destinado especialmente para os centros educativos de primaria e secundaria dos dous lados da fronteira.
O patrimonio inmaterial galego-portugués continúa a marcar as actividades de Ponte...nas ondas!. Nesta ocasión trátase de achegar ao máis novos as novas sonoridades deste patrimonio. O relato oral interpretado por un magnífico narrador e actor como Avelino González, as proxeccións audiovisuais que recollen os sons dos portadores do patrimonio por todo o territorio, a tradicional regueifa e os cantos ao desafío da man de dous auténticos trovadores como son Luis Caruncho e Augusto Canario, o nova voz musical de Toñito de Poi, os sons do “fungueirazo”, funk-rock, do grupo Loreta Martin. E para rematar unha apaixonante animación da man de Locamotora.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|