ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*Escandalo en Lugo: A policia deten a sete persoas da Deputación e investiga a tres máis por presuntos fraudes urbanisticos


Redacción 19 de maio de 2006
Onte a policia interviña a Deputación de Lugo e detiña a sete persoa relacionadas con presuntos fraudes urbanísticos. A policia incautou documentación e precintou varios despachos. Os sete detidos pasaron a noite no calabozo, hai tres perosas máis investigadas, polo de agora a investigación está aínda aberta e non hai máis información.

Por outra banda O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, empraza ao presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, a que o seu partido depure as responsabilidades políticas “ás que houber lugar” logo da intervención policial.

“Existen moitos interrogantes sobre os móviles e a lóxica que subxace detrás da trama que está a investigar o fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo. Agardamos que se esclarezan no ámbito xudicial. No ámbito político, o que cabe é agardar a asunción de responsabilidades por parte do partido que está a gobernar a institución”, afirma através deste comunicado de imprensa Francisco Jorquera.

“É preciso, para non criar sombras de sospeita, que Núñez Feijoo explique se o cambio na candidatura á presidencia da Deputación de Lugo, coa postulación de Xosé Manuel Barreiro, ten algo a ver co aparecimento de indicios claros de corrupción no organismo”, acrecenta Jorquera.

“É críbel a existencia dunha trama que imputa supostamente a un certo número de funcionarios, ex funcionarios e xefes de servizo dunha institución como a Deputación provincial de Lugo omnimodamente controlada polo seu presidente e polo PP sen que este partido tivese o mínimo coñecimento do que alí acontecía? Urxen as respostas e a asunción de responsabilidades políticas”, alega o coordenador executivo.

Voltar a novas


Ver anteriores