|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa reclama un novo Decreto de galeguización do ensino
para antes do Día das Letras
Redacción
19 de abril
2006 O
colectivo cidadán advirte de que se está a incumprir
o acordo de goberno nesta materia.
O Presidente da
Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos
Callón, solicitou hoxe unha nova entrevista coa Conselleira
de Educación para abordar a aplicación no ensino non
universitario do Plan Xeral de Normalización da Lingua
Galega, un aspecto no cal xa se comprometera Laura Sánchez
Piñón nunha anterior reunión con esta
entidade o 10 de outubro de 2005. Carlos Callón observa
“con moita preocupación que en todos estes meses de
curso escolar non se tomase ningunha medida seria para aplicar o
Plan”.
A
Mesa lembra que o “Acordo de Goberno” asinado por PSOE
e BNG sinala que a nova Xunta “se compromete activamente coa
efectiva e inmediata aplicación das medidas de
galeguización do ensino recollidas no Plan de Normalización
Lingüística aprobado unanimemente polo Parlamento
galego en setembro de 2004.” Segundo Callón, “non
houbo aplicación nin efectiva nin inmediata e, o que é
peor, do comunicado
de imprensa enviado onte pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística despréndese que non hai intención
de aplicalo, senón de seguir coa insuficiente e
desactualizada norma actual.”
Cómpre
recordar que para a aplicación do Plan Xeral é
necesaria a aprobación dun novo Decreto de galeguización,
que actualice o que está nestes momentos en vigor (247/95)
e incremente os mínimos de docencia en galego no seguinte
sentido:
-Estabelecer unha oferta en galego na educación
infantil. -O uso do galego en infantil non pode ser inferior ao
33% nos espazos en que a lingua predominante sexa o castelán. -En
primaria, ESO, bacharelatos e ciclos formativos, garantir que a
docencia en galego nunca sexa inferior ao 50%.
A Mesa
considera que para que este Decreto poida ser de aplicación
no curso próximo é necesario que se dea a coñecer
á comunidade educativa canto antes, para que todos os
centros e departamentos afectados poidan tomar as medidas
necesarias para garantir o seu cumprimento.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|