ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Mineiros e campesiños escoltarán a novo presidente boliviano


Redacción 19 de xaneiro 2006Columnas” de mineiros e campesiños flanquearán a victoriosa camiñada que o novo presidente de Bolivia, Evo Morales, fará polas rúas paceñas, tras asumir o cargo, anunciaron os organizadores de toma de posesión.

O coordenador da Comisión de Protocolo para a transmisión do mando, Grover Cardozo, dixo a Prensa Latina que, a pedido de Morales, eses traballadores formarán a primeira liña de seguridade do paseo triunfal.

Queremos expresar que quen levaron á Presidencia a Evo Morales, serán quen respaldán, defenderán e protexerán ao seu Goberno, explicou o representante do Movemento ao Socialismo (MAS).

Tralas dúas filas de mineiros, cos seus tradicionais cascos, e campesiños, vestidos ao xeito indíxena, ubicaranse as Forzas Armadas e a Policía, encargadas oficialmente da seguridade do mandatario, explicou Cardozo.

O Presidente eleito avanzará a pé entre esas “columnas” aproximadamente un quilómetro o próximo día 22, pola antiga rúa Comercio, unha ruta peonil, até a Praza dos Heroes, usual escenario de manifestacións populares.

Nese espazo, onde Morales iniciou a súa campaña eleitoral, o líder boliviano ratificará, ante unha concentración -que se prevé xigantesca- o compromiso de gobernar para o seu pobo, nunha especie de terceira toma de posesión.

Previamente, asumiría a Presidencia ante o Congreso e, un día antes, recibido os símbolos de mando indíxenas nunha cerimonia a realizarse en Tiwanaku (Tiahuanaco), entre as construcións precolombinas de pedra dese sitio arqueolóxico.

Campesiños aymaras darán tamén seguridade a Morales en Tiwanaku, indicou Cardozo, quen por outra banda negou que a policía suxeriu ao Presidente eleito que use chaleco antibalas durante os actos de transmisión do mando.

Namentres, o vicepresidente eleito, Álvaro García Linera, afirmou que a nova relación e eventuais acordos co Fondo Monetario Internacional (FMI) someteranse á soberanía e a dignidade nacionais, sobre todas as cousas.

Ratificou igualmente que, para o MAS e Morales, é prioritario cambiar, aínda que non de inmediato, o modelo económico neoliberal -cuxa vixencia en Bolivia supervisa o FMI desde 1985-, porque só causou pobreza e sufrimento ao pobo boliviano.



Fonte:
Visiones Alternativas.


Voltar a ArroutadaInternacional


Ir a Novas

Ver anteriores