GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Xornadas de debate sobre os incendios en Galiza organizado por ADEGA

Redacción 18 de outubro de 2006 Para afondar nas causas da vaga de lumes deste ano e nas posíbeis actuacións para garantir un futuro sustentábel para os nosos montes, ADEGA organiza unhas XORNADAS DE DEBATE SOBRE OS INCENDIOS EN GALIZA abertas a todos/as e coa participación de expertos/as e representantes de todos os sectores vencellados á problemática dos lumes e a xestión dos montes. Celebraranse os vindeiros días 20 e 21 de outubro no Museo do Pobo Galego, en Bonaval (Compostela).

PROGRAMA DEFINITIVO

INAUGURACIÓN:
VENRES 20 ÁS 16h. Apresenta: Suso de Toro

VENRES 20, 16:30 A 18h
BLOQUE I. O valor do monte:
-Valor económico. Introdución histórica e valor actual
-Valor ambiental
-Valor social
-Exposición e debate
Relatores/as: Mª Xosé Vázquez / Mario Soliño (Dep. Economia Aplicada, Fac. Económicas. U. Vigo): valor económico
Adolfo Cordero Rivera (Dep. Ecoloxía. Escola E. Forestais, U. Vigo): valor ambiental
Fermín Bouza Álvarez, (Dep. Socioloxía. U.Complutense): valor social

VENRES 20, 18 A 20h
BLOQUE II Incendios forestais: Impactos
-Impactos ambientais
-Impactos económicos
-Impactos sociais
-Exposición e debate
Relatores/as: Francisco Diaz-Fierros Viqueira (Dep. Edafoloxía Fac. Farmacia, USC): erosión asociada aos incendios forestais
Francisco X. Fernandez de Ana-Magán (ASFOGA, Dep. Fitopatoloxía Centro Forestal de Lourizán. Esc. Politécnica Superior, USC): impactos económicos e sociais
Luis Diaz Cabanela (médico, vogal de Saúde Ambiental de ADEGA): impactos na saúde

SÁBADO 21, 10 A 12h
BLOQUE III Incendios forestais: causas
-Causas estruturais:

Política agraria
Política forestal
Política contra o lume

-Causas inmediatas
-Exposición e debate
Relatores/as: Xose Alfredo Pereira (As. de Montes en Man Común)
Xesús Pereiras López (experto en rexeneración ambiental, ADEGA)
Ramon Varela Díaz (Cat. De Bioloxía e Xeoloxía. Ex Presidente de ADEGA): a ILP dos montes

SÁBADO 21, 12 A 14h
BLOQUE IV Rexeneración do monte queimado
-Técnicas para a rexeneración do monte
-Rexeneración natural/asistida
-Rexeneración de espazos protexidos
-Exposición e debate
Relatores/as: Mercedes Casal Jiménez (Dep. de Ecoloxía da USC)
Pablo Ramil Rego (Instituto de Biodiversidade e Producción Vexetal, USC)
Branca Villares Naveira, voluntariado en defensa do monte (ADEGA)

XANTAR. Prezo aprox. 20 €

SÁBADO 21, 16 A 18h
BLOQUE V Propostas contra o lume
-Outra política para o medio rural
-Outra política para o monte
-Outra política contra o lume
Relatores/as: Xose Antonio Portos Mouriño (D. X. Montes, Xunta de Galiza)
Rosa Mosquera Losada (Escola Politécnica Superior, USC-Lugo): o silvopastoreo
Representante de ADEGA

SÁBADO 21, 18 A 20h
MESA REDONDA: Outra política para o medio rural. Outra política para o monte
Participan:
Sindicato Labrego Galego
Unións Agrarias
XXAA
Alberte Blanco Casal, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais
Emilio Fernández Suárez, Director Xeral de Desenvolvemento Sustentábel
ADEGA

Voltar a novas

Ver anteriores