ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


ADEGA-Lugo fai un chamamento á solidariedade polo xuízo a varios dos seus membros


Redacción 18 de outubro 2005 Mañá mércores 19 ás 11:00 h. no xulgado de Mondoñedo van ser xulgados 12 membros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza de Lugo, por unha denuncia presentada por D. Ramón Alvárez-Cascos Paredes (ex-ministro de Fomento no antigo goberno do PP), como propietario de ACUINOR S.L. por teren paralizado durante varios días as obras destinadas á instalación dunha planta de acuicultura de engorde de polbo e rodaballo en Rinlo-Ribadeo sobre unha parcela de 42.000 m2 plenamente dentro do LIC AS CATEDRAIS afectando, ademáis, a hábitats prioritarios.

MANIFESTA A TÚA SOLIDARIEDADE FACENDO O MÁXIMO ESFORZO POR ASISTIR AO XUIZO.

PARA AS COMPAÑEIRAS/OS XULGADOS, PARA A DEFENSA DA REDE NATURA, PARA O CONXUNTO DA REIVINDICACIÓN ECOLOXISTA É UNHA NECESIDADE INEXCUSÁBEL.

Chama, para máis información, aos tfnos: 639.664924 / 982.240299 / 981.570099

Trátase dun xuizo a uns compañeiros e compañeiras de ADEGA-LUGO, pero trátase tamén dun xuizo á unha actitude en defensa consciente da Rede Natura e do Meio Ambiente, dun xuizo á unha actitude de defensa consciente da legalidade, que de ningunha forma o ecoloxismo pode perder porque elo significaría a práctica paralización de toda reivindicación coerente en defensa do noso patrimonio natural e da lexislación que o protexe.

ADEGA-LUGO


Voltar a novas

Ver anteriores