GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*ArroutadaNoticias.com e GaliciaBanner asinan contrato publicitario

Redacción 18 de setembro de 2006
ArroutadaNoticias.com e GaliciaBanner, a axencia de publicidade especializada en internet de Galiza, asinaron un contrato publicitario por un ano. A galega de publicidade en internet que xestiona a publicidade dos 30 portais galegos máis visitados, incluirá, tras a sinatura deste acordo, ao portal de novas.

O crecente aumento de visitas de ArroutadaNoticias.com acelerou a sinatura do acordo, pois a día de hoxe, ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, está no posto nº 6 do ranking de medios de comunicación galegos, só superado por xornais da talla do Faro de Vigo ou La Voz de Galicia.

Isto suporá un aumento nos ingresos do xornal, o que permitirá, a medio prazo, unha mellora nos contidos e na calidade do mesmo.

Dende ArroutadaNoticas.com celebran con orgullo este acordo e agradecen a toda a xente que diariamente accede ao portal en especial ás usuarias e usuarios do foro, por convertelo nun dos máis concurridos da rede galega, indican, e animan a todo aquel que aínda non coñeza o portal a visitalo e a pasar a parolar un bocado no foro.

Voltar a novas


Ver anteriores