GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*ADEGA denuncia que o Umia "atópase gravemente eutrofizado"

Redacción 18 de setembro de 2006
O encoro de Segade en Caldas de Reis e o río Umia ao seu paso por Caldas están a día de hoxe, como pode verse na xa intensa cor verde que presenta a auga de encoro e a do río, completamente eutrofizados, o que está a provocar unha nova mortandande de peixes debido á falta de osíxeno.

ADEGA considera que este é un grave impacto que temos que engadir ás consecuencias directas do vertido producido polo incendio da planta de Brenntag en Caldas de Reis -e así llo fíxo saber xa á Consellaría de Meio Ambiente-.

No que respecta ao encoro, o seu peche total provocou que toda a súa masa de auga quedase completamente estancada sen posibilidades de renovación, o cal, engadido ao aquecemento polas elevadas temperaturas e á carga de materia orgánica que acumula, explica a súa intensa eutrofización. No que ao río Umia se refire, a diminución dos aportes de auga que viñan de arriba, o constante aporte de augas residuais e de materia orgánica, xunto co estancamento producido polos diques de depuración e o aquecemento da auga estancada, son as razóns que explican este elevado nivel de eutrofización que está tendo graves consecuencias para toda a fauna acuática.

Por tais motivos, ADEGA solicita á Consellaría de Meio Ambiente que os danos colaterais ao río e á fauna piscícola producidos pola eutrofización se contabilicen tamén entre as consecuencias do vertido tóxico e que, dentro do plan de recuperación do río que se está a preparar e, sen menoscabo dos plans de depuración das augas residuais que deberán de emprender con urxencia a Consellaría e o Concello, se inclúan tamén as necesarias actuacións para facer fronte á grave eutrofización do río e do encoro augas arriba da planta de Brenntag.

Voltar a novas


Ver anteriores