|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
Pleno do Congreso aproba todas as propostas de resolución
apresentadas polo BNG
Redacción,
18 de maio
2005. Unha
das resolucións do BNG,
conxunta co grupo socialista, pón datas á
finalización dos tramos de alta velocidade, o Eixo
Atlántico para o 2007. O Pleno do Congreso dos Deputados
aprobou esta tarde o conxunto de propostas de resolución
apresentadas polo BNG con motivo do Debate do Estado. Seis
propostas, unha delas apresentada conxuntamente co PSOE, que
recollen as necesidades de Galiza no ámbito das
infraestruturas viarias e ferroviarias, do agro, as consecuencias
do Prestige, linguísticas, a seguridade no traballo e a
respeito das peaxes.
O portavoz do BNG na Cámara
Baixa, Francisco Rodríguez, posibilitou estes acordos ao
aceitar incorporar ás propostas de resolución
nacionalistas emendas que proviñan do grupo socialista xa
que, tal e como manifestou, "non cambian as intencións
e as demandas dos nosos textos". Resolución conxunta
co PSOE sobro o Plano Galiza, o agro, o Prestige, dinamización
de Ferrol e servizos de cercanías Rodríguez resumiu
os plantexamentos expresados nestas resolucións, aludindo
en primeiro "á nosa propostas de resolución
compartida co PSOE, na que se asume que hai que continuar a
recuperar o sistema litoral afectado polo Prestige e abordar as
consecuencias económicas e sociais.
En relación
co Plano Galiza, recóllese un calendario con datas
concretas para a finalización dos tramos do AVE, como o
remate do Eixo Atlántico para o ano 2007".- Nesta
mesma resolución recóllese a necesidade de que
Galiza conte cun servizo de cercanías xa que é
"única Comunidade Autónoma con grandes núcleos
urbanos que non ten este tipo de servizos". "Outro dos
pontos desta resolución fala da recuperación do agro
galego, "importante porque Galiza non ten sentido se non se
recupera parte da súa base reguladora". Ademaís,
a mesma iniciativa recolle a criación dunha oficina para a
dinamización de Ferrol.
Mellora dos servizos
ferroviarios do interior de Galiza, accidente Navantia-Ferrol,
peaxes e cumprimento das normas linguísticas Francisco
Rodríguez explicou á Cámara as outras cinco
propostas de resolución do BNG que peden a mellora dos
servizos ferroviarios no interior de Galiza (Ferrol-A Coruña,
A Coruña-Lugo-Ourense, Ourense-Santiago e Santiago-Vigo). A
que empraza ao Executivo a realizar unha investigación
rigorosa sobre o accidente laboral ocorrido en Navantia-Ferrol,
ademáis de pedir o cumprimento escrupuloso da normativa de
seguridade no traballo.
A referente ás peaxes, que
demandaba o inicio de negociacións coa concesionaria da A-9
para atopar fórmulas que, "do mesmo xeito que se fixo
noutras CC.AA, permitan liberar as peaxes de Vigo-Rande e A
Coruña-Barcala", foi finalmente retirada polo deputado
do BNG xa que a vai converter nunha proposición non de lei
a debater na Comisión de Infraestructuras, posto que logrou
o compromiso do PSOE para que sexa aprobada baixo ese formato.
E
por último, neste día das Letras Galegas, o deputado
nacionalista celebrou a aprobación de dúas das nosas
propostas de resolucíon que abordan cuestións
linguísticas. Rodríguez lembrou nunha das propostas
de resolución a obriga de cumprir coa normativa linguística
en materia de toponimia. Pedir que dunha vez por todas rematen as
deformacións esperpénticas dos nosos topónimos.
A outra recolle "a preocupación dos nosos 9.000
emigrantes galegos en Andorra que peden que os seus fillos poidan
acceder a estudar en galego".
A resolución
80
Por outro lado, o portavoz do BNG no Congreso
expresou o apoio á resolución 80 do PSOE, que
plantexa a apertura dun proceso de diálogo con ETA se
abandona a violencia, e que recibiu o respaldo de todos os grupos
parlamentares agás do PP. "Benvida sexa esta
resolución, o BNG sempre defendeu a vía do diálogo
para rematar co violencia terrorista" e lembrou o "uso
perverso do anterior Goberno do PP xa que utilizaron esta cuestión
como arma contra os nacionalistas, e durante anos padecemos
sombras de dúbidas que non son de recibo nunha democracia.
Polo ben de Euskadi e polo ben da democracia no Estado español,
celebramos esta iniciativa".
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|