|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Comeza
a montaxe da longametraxe documental “Atila en Galiza”,
de Xan Leira
Redacción
18 de abril
2006 O filme analiza por
primeira vez a metodoloxía represiva instalada en Galiza a
partir do levantamento militar fascista de 1936. Rematada
unha parte significativa da rodaxe de testemuñas que
fundamentan a proposta e o encadre temático do realizador
Xan Leira, “Atila en Galicia” entra na fase da
organización do material fílmico, fotográfico,
testemuñal e de creación propia que fundamenta a
denuncia deste traballo fílmico sobre o Terrorismo de
Estado e Xenocidio cometido contra o pobo galego a partir do
levantamento militar fascista do 18 de xullo de 1936.
“Atila
en Galiza” é unha crónica
da brutal represión contra o pobo galego, que constituirá
o terceiro chanzo da Tetraloxía “Memoria Viva”
coa que Xan Leira pretende adentrarse na historia do século
XX en Galiza. Despois
de “Castelao e os irmáns da liberdade” e
“Exilios” –recentemente estreada da
Argentina-, o director pretende recuperar estes feitos dende a
perspectiva de quen busca xustiza e recoñecemento para un
pobo sometido a un plan xenocida; un programa maquiavelicamente
implantado polo terror e estratexicamente trazado para aniquilar a
un pobo que, dende a proclamación da II República en
1931, estaba decidido a trocar para sempre cunha orde social,
cultural, política e económica inxusta. Campos de
concentración, fusilamentos disfrazados con xuízos
de falsos Consellos de Guerra, os “paseos”, as
torturas, as detencións e os desterros, todo posto ao
servizo de sementar o terror para favorecer a unha oligarquía
militar e eclesiástica que convertiu aos cidadáns en
súbditos da intolerancia.
Setenta
anos despois do comezo da barbarie (1936-2006), queremos recuperar
a memoria de todos aqueles homes e mulleres que deron a vida pola
liberdade, e recoñecer o heroísmo de aqueles outros
que sufriron máis de cuarenta anos de terror.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|