|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Adenco
organiza Proxectando en Verde, un ciclo de documentais
ecolóxicos
Redacción
18 de abril
2006 O
ciclo acada a segunda edición e volve a celebrarse no
Centro Cultural Xinzo. A
Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, ADENCO,
organizou para os próximos 21, 22 e 23 de abril a segunda
edición do ciclo de documentais ecolóxicos
Proxectando en Verde, que se volverá a realizar no Salón
de Actos do Centro Cultural Xinzo, na parroquia ponteareá
do mesmo nome.
“Con
Proxectando en Verde pretendemos traer ao Condado documentais que
non teñen normalmente cabida noutros espazos, xa sexa pola
súa pouca difusión ou polas súas propias
particularidades”, indicou Anxo F. Saborido, Presidente de
Adenco.
O
programa do Ciclo é o seguinte: Venres 21 ás
20:30h: O pesadelo de Darwin. Sábado 22 ás
20:30h: Félix Rodríguez de la Fuente: Vida e
obra. Domingo 23 ás 20:30h: 1990-1995: Cinco anos
defendendo a natureza no Condado. O vídeo do nacemento de
Adenco.
-O pesadelo de Darwin, un documental
aconsellable para maiores de 13 anos, contén esceas duras
pero reais sobre a introducción de especies alóctonas
noutros Países e todo o que xira arredor do mesmo. Neste
caso fame, guerra e tráfico de armas no corazón da
África negra.
-Félix Rodríguez de
la Fuente volverá a ser protagonista do ciclo cun
documental sobre a súa vida e obra, realizada pola súa
filla e que viu a luz recentemente. Peza clave para entender a
concienciación ambiental do noso tempo.
-E 1990-1995
cerrará o ciclo. Unha proxección que nos traerá
á mente os comezos, duros, dun Grupo Ecoloxista nunha vila
como Ponteareas na que os problemas medioambientais pasaban
desapercibidos. Por desgracia, moitos dos desastres que daquela
denunciabamos seguen aínda sen resolverse.
As
proxeccións serán no Salón de Actos do Centro
Cultural Xinzo con entrada libre e gratuita.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|