|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
poeta mexicano Roberto Reséndiz Carmona visita
Galiza
Redacción
18 de abril
2006 Con
motivo da visita a Galiza do poeta mexicano Roberto Reséndiz
Carmona, O
TALLER DO POETA organiza tres recitais nos que o autor nos
ofrecerá unha mostra da súa poesía. A
visita estableceuse durante a participación no proxecto
Poetas do Mundo, Voces para a Educación, en México,
do poeta pontevedrés Fernando Luis Pérez Poza, e no
que interviñeron poetas tan destacados como Ernesto
Cardenal (Nicaragua), Dolores Castro (México), William
Agudelo (Colombia), Sarah Carrera (Senegal), Jorge Mereta
(Uruguay), etc.
e
do que se publicou unha Antoloxía que foi distribuída
polo Sindicato de Mestres ás bibliotecas de todos os
centros escolares do Estado de México.
O
primeiro recital, celebrarase
hoxe martes, día 18 de abril, ás 20,00
horas, no Salón Laxeiro, 2ª andar do Café
Moderno, da Fundación Caixa Galicia, en Pontevedra.
O
segundo, terá lugar o próximo mércores, día
19 de abril, ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos de
Santiago de Compostela, sita na Rúa Nova. Nesa ocasión
unirase tamén ao recital o poeta pontevedrés
Alexander Vórtice.
O terceiro, terá lugar o
próximo xoves, día 20 de abril, ás 20,30
horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, Cantón
Grande, 21-23, dA Coruña, no que intervirá e
exercerá de anfitrioa a coruñesa Olga Patiño
Nogueira.
Nos tres recitais intervirá Fernando Luis
Pérez Poza.
Os poetas:
-Roberto Reséndiz
Carmona (1954), natural de Zicuátaro, México, é
o Director do Encontro Internacional de Poetas e Escritores que
desde 1997 se celebra en Zamora, Michoacán, e a cuxa
edición de xuño deste ano asistirá o poeta
galego Fernando Luis Pérez Poza. No seu haber conta tamén
a creación do Festival do Chongo Zamorano. Publicou xa dez
libros ao que pronto se somará un novo título
editado Polo Taller do Poeta.
-Fernando Luis Pérez
Poza, (1958), natural de Pontevedra, é sobriño-neto
do poeta galego Manoel-Antonio e neto de Roxerius, ambos
pertencentes á xeración Nós. Publicou catro
libros de poesía e un de relatos curtos. Poemas seu foron
incluídos en cinco antoloxías. Desempeñou o
posto de Xefe de Protocolo das Cortes de Castela e León e é
Conselleiro a nivel estatal da OCU, Organización de
Consumidores e Usuarios. Dirixe a editorial O Taller do Poeta,
radicada en Pontevedra, que publicou xa mais de 140 títulos,
a maioría de poesía, de autores de todo o mundo. O
Diario o Sol, o de maior tirada de México, publicou en
portada de nacional unha entrevista con motivo da súa
intervención no proxecto Voces para a Educación, en
Toluca, México, o pasado mes de novembro.
-Olga
Patiño Nogueira, natural dA Coruña, é poeta,
actriz, directora de teatro, ademais de colaboradora de varios
medios de comunicación, e un axente moi activo na vida
cultural galega, promovendo e participando en numerosos actos.
Participou en varios libros colectivos. Publicou "Latexos
fragmentados" e entre os seus novos proxectos está a
publicación dun novo poemario "Tempo en desuso" e
a lectura dramatizada do poema de Silvia Plath "Tres
mulleres".
-Alexander Vórtice,
pseudónimo de Xesús Rodríguez, natural de
Pontevedra, colaborou co Diario de Pontevedra e a Editorial O
Taller do Poeta publicoulle os seus dous libros de poemas:
Destilería Ocaso e Neurose Tremens.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|