ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Jorquera fala de “luces e sombras” ao valorar os dous anos do actual goberno do Estado

Redacción 18 de abril 2006 O coordenador executivo do BNG afirma que “nos períodos sen maiorías absolutas e con influencia dos nacionalismos hai máis diálogo e corríxense os abusos do poder”.

Francisco Jorquera atopa “luces e sombras” nos dous primeiros anos do gabinete de Zapatero. Fixo especial referencia a que “se demostra que nos períodos sen maiorías absolutas e con maior influencia dos partidos nacionalistas, hai un aprofundamento da democracia, corríxense os usos abusivos do poder e un maior diálogo”.

O dirixente nacionalista valora positivamente a retirada das tropas de Iraq, o devandito clima de diálogo e os procesos de ampliación dos dereitos civís e mesmo colectivos. Así mesmo, Jorquera defendeu o diálogo como método para a pacificación de Euskadi.

Porén, o coordenador executivo do BNG critica “o continuísmo nas políticas fiscais e económica”, e na política de privatización do ensino a través da LOE. Ademais, considera que hai “un tic recentralizador ao crear o Ministerio da Vivenda cando as competencias están transferidas ás autonomías”. A principal crítica que recibe o gabinete do PSOE desde un punto de vista galego é o mantemento dun deseño infraestrutural “que continúa incidindo na consideración periférica do noso país.


Voltar a novas

Ver anteriores