ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A galega TLR, requerida para a normalización mundial de tódolos artigos do mercado


Redacción 18 de xaneiro 2006 A día de hoxe non existe unha única maneira de identificar os produtos que atopamos nos mercados mundiais. Esta circunstancia é a que está a levar á organización creadura do código de barras, EAN Internacional, a crear un foro de traballo para avanzar neste eido. Para este cometido contarán con grandes empresas coma Carrefour ou Wal-Mart, mais tamén coa galega TLR, que participará con voz e voto nas reunións.

A empresa TLR é a única de todo o Estado español que foi requerida por EAN para participar nas sesións de traballo, que xa deron comezo en Viena e San Francisco. A pregunta que se poden facer as persoas que vexan esta situación dende fóra é a seguinte: por que TLR? A resposta está, probablemente, na experiencia da firma TLR desenvolvendo sistemas de conectividade intelixente de datos, cos que se automatizan os procesos de xestión das empresas, procesos que obrigan a grandes investimentos de esforzos e tempo. É dicir: a experiencia de TLR normalizando produtos en sectores tradicionais como o da ferretería ou o da construción é a antesala, a menor escala, do que EAN quere universalizar con este proxecto, coñecido como GPC. Este, volvendo de novo ás cuestións que abrían este artigo, consiste en establecer un mesmo código para todos e cada un dos elementos do mercado que poden ser obxecto de transacción; trátase polo tanto dunha estandarización universal que é chave para que no futuro se poidan automatizar os intercambios de datos entre fabricantes, provedores e usuarios. Deste xeito, é problable que demos no cravo se chegamos á conclusión de que se trata da iniciativa máis ambiciosa (no seu eido) dende a posta en marcha do código de barras.

Fonte:
Codigo Cero.


Voltar a ArroutadaInternacional

Ir a Novas

Ver anteriores