Publicidade
Contacto
|
*ADENCO organiza as XVII Xeiras Micolóxicas do Condado con cinco semanas consecutivas de actividades
Redacción 17 de outubro de 2006 O Grupo Ecoloxista Adenco pechou nestes días o programa definitivo das XVII Xeiras Micolóxicas do Condado, que se celebrarán entre o 20 de Outubro e o 19 de Novembro nos Concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
As Xeiras Micolóxicas de Adenco son xa un referente social no mundo dos cogumelos na Comarca e este ano a organización realiza un importante esforzo coa previsión de catro charlas-coloquio, con varias saídas didácticas, exposicións de cogumelos e degustación dos mesmos.
O eixo central da actividade será o Concello de Mondariz Balneario, no que se realizará a actividade na fin de semana dos 27, 28 e 29 de Outubro, cita á que acudirá Alfonso Rei Pazos, experto e veterano micólogo para dar unha charla-coloquio o venres 27 de Outubro.
As actividades comezan esta fin de semana en Angoares, 20, 21 e 22 de Outubro; Mondariz Balneario, 27, 28 e 29 de Outubro; Ponteareas, 4 e 5 de Novembro; Salvaterra de Miño, 10, 11 e 12 de Novembro e Xinzo os días 17, 18 e 19 de Novembro.
Páxina web
Asimesmo, Adenco ven de pór en funcionamento a súa páxina web, www.adenco.org, que aínda está en construcción, na que se colgará información actualizada das Xeiras e das distintas actividades e iniciativas do Grupo Ecoloxista Adenco.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|