|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*ADEGA
esixe á Xunta que revise o plan de parques de
tecnoloxía alimentaria do anterior goberno
Redacción
17 de febreiro
2006
A Asociación
para a Defensa Ecolóxica de Galiza
amosa a súa satisfacción ante
a vontade da Consellería de Industria e de Medio Ambiente
de investigar a fondo as irregularidades nas concesións de
aproveitamentos hidroeléctricos e eólicos en Galiza
e agarda que se actúe do mesmo xeito co Plan Sectorial de
Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado polo goberno en
funcións do Partido Popular.
Este
Plan inclúe 23 parques de teconoloxía
alimentaria situados na costa galega, dos que 11 están
ubicados en lugares da Rede Natura 2000, polo cal están
protexidos pola Directiva Hábitats da Unión
Europea. Por este motivo, Adega esixe a revisión
minuciosa de tódolos proxectos acuícolas antes de
que se sucedan atentados ecolóxicos coma o que está
a acontecer na actualidade en Rinlo (Ribadeo), ou o que,
proximamente, terá lugar en Cabo Touriñán.
Adega
leva meses denunciando a ilegalidade da construcción
da granxa de cultivos mariños promovida pola empresa
Acuinor na localidade de Rinlo, en Ribadeo, nunha zona protexida
como espazo de Rede Natura 2000 no LIC das Catedrais, sen que
a Consellería de Medio Ambiente se implique na
defensa desta zona protexida como correponde ás súas
ineludibles obrigacións.
Ademais Adega amosa a súa
preocupación polo interese que ten o goberno
local de Ribadeo en apoiar insistentemente á empresa
Acuinor, promotora da granxa de cultivos mariños e
representada polo Sr. Ramón Álvarez Cascos.
Alén de protexer os intereses da cidadanía
ribadense, o concello acompañou ó Sr. Álvarez
Cascos na petición de levantamento de paralización
cautelar das obras ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de
Lugo.
Polo dito anteriormente, Adega considera que non
é de xustiza que grupos ecoloxistas e persoas individuais
teñan que suplir as funcións de protección e
conservación dos bens públicos que lle corresponden
á Administración.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|