ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Marítima
Sección coordinada por Jaime Vázquez Miraz

Publicidade
Contacto
Portda
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Galiza moveu un 6% mais de mercadorias no 2005

Chuza! esta nova!
Redacción 16 de novembro de 2006 Actualmente en Galiza existen catro portos de interés xeral dependentes da Dirección Xeral da Marina Mercante, Vigo, A Coruña, Ferrol e San Cibrao (dependente do anterior), e existen outros 122 de interés autonómico dependentes de Portos de Galiza.

Onte Portos de Galiza presentou un informe do 2005 polo cal os portos dependentes do goberno galego moveron un total de 1,6 millóns de toneladas de mercadorías, supoñendo unhas ganancias de 1,9 millóns de euros e un crecemento do 5% respecto ao 2004. O principal tráfico destes portos é o peixe fresco que presentou un crecemento do 6% respecto o ano anterior.

Actualmente os plans do goberno galego e intentar promover a conexión de estes portos ás redes de alta capacidade para aumentar asi o seu rendemento, pero o Ministerio de Fomento non ten pensado investir carto algún nin sequera nas redes ferroviarias que dan servizo aos portos galegos da súa conpetencia.

Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade: