GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*A Mesa dá de prazo até marzo para que a Xunta consiga galeguizar a telefonía móbil

Chuza! esta nova!
Redacción 16 de novembro de 2006 “Se a Xunta non negocia para conseguilo, farémolo nós”. A Mesa considera que a Xunta é “responsábel de que o galego sexa a lingua do Estado máis atrasada na telefonía móbil”. A Mesa pola Normalización Lingüística dálle de prazo á Xunta de Galiza até o próximo mes de marzo para que consiga que cando menos unha das grandes compañías que operan na telefonía móbil (Movistar, Orange, Vodafone) se comprometa a ofrecer con normalidade a opción do galego en todos os seus servizos e que non exclúa este idioma na súa publicidade no noso país.

O Presidente desta organización cidadá, Carlos Callón, indica que a Xunta “debe utilizar a importantísima capacidade negociadora que lle dá a súa facturación millonaria en telefonía móbil” para conseguir “garantir que toda persoa que queira ter os servizos telefónicos con normalidade en galego poida ter tal opción”. “A situación actual é aberrante, posto que a compañía contratada polo Goberno galego, Movistar, non dá nin servizo de atención en galego á súa clientela con contrato. Noutras palabras: Desde os telemóbeis da Xunta non se poden realizar xestións con Movistar en galego.”

"Se a Xunta non quixer negociar para garantir o dereito de opción lingüística, farémolo desde A Mesa. Para iso, agruparemos persoas que queiran ter o servizo telefónico en galego e negociaremos con Movistar, Orange e Vodafone para que esa carteira de clientes e clientas se traslade á compañía que se galeguice."

Os terminais

Ademais dos servizos das compañías, A Mesa reclámalle ao Goberno que favoreza tamén a opción en galego nos propios aparellos. Callón sinala que “os adiantos que houbo para o noso idioma na telefonía móbil foron grazas á presión social, mais non pode ser que desde o departamento de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, se manteñan de brazos cruzados, máxime se observamos que o galego é a lingua do Estado máis atrasada na súa incorporación á telefonía móbil”.

“Bo exemplo desta situación son os dous novos terminais de Nokia que sairán antes do Nadal con MP3 incorporado, que terán opción de castelán, catalán e basco, mais non de galego. Cómpre repararmos en que os terminais utilizados tanto na Xunta como no Parlamento galego son Nokia e que non ofrecen opción nin de galego nin de portugués.”

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade: