ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
ADEGA reivindica estar presente na “Comisión Eólica”


Redacción 16 de novembro 2005 En relación á nota de Prensa emitida pola Consellería de Meio Ambiente anunciando a constitución dunha comisión co sector eólico para “establecer conxuntamente as directrices de carácter meioambiental que deben de primar á hora de crear unha nova infraestructura eólica”, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebra con esperanza que se esté a traballar na implantación de criterios ecolóxicos, -ata dagora totalmente ausentes das declaracións de impacto ambiental-, para a instalación de parques eólicos.

Pero, ao mesmo tempo, non pode deixar, con tal motivo, de reivindicar o seguinte:

-primeiro: que, -habida conta de que, polo dagora, non tén habido limitación ambiental algunha para a instalación de parques eólicos, co resultado de que prácticamente toda a nosa Rede Natura está xa afectada pola instalación de centos de muiños eólicos, pistas, gabeas e tendidos eléctricos en todas direccións-, a implantación destas directrices meioambientais tén que empezar por decretar a exclusión da Rede Natura do Plan Sectorial Eólico e por solicitar e defender ante a Consellería de Industria a paralización de toda infraesctructura eólica que afecte á Rede Natura e espacios protexidos.  Esta exclusión e paralización debe de afectar xa aos parques eólicos previstos para a Serra do Suído, toda vez que, -tal como tén anunciado a Consellería de Meio Ambiente-, se está tramitando a súa inclusión na Rede Natura.

-segundo:
que, habida conta de que nesa anunciada comisión se van a “establecer conxuntamente as directrices de carácter meioambiental que deben de primar á hora de crear unha nova infraestructura eólica”, non entendemos que tais directrices se podan establecer sen contar coas asociacións ecoloxistas. Neste sentido, xa reclamamos da Consellería de Meio Ambiente a nosa participación en dita comisión eólica”: ese cambio que nos teñen prometido dende a campaña electoral tén que chegar tamén á área ambiental convertindo á Rede Natura, sexa de montaña ou de litoral, en algo máis que publicidade para engordar as páxinas do DOG cando non en solo barato para especulación de promotores eólicos, de canteiras ou de plantas de acuicultura.


Voltar a novas

Ver anteriores