ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
A Xunta en funcións despídese pechando máis escolas



Redacción, 16 de xullo 2005. A Consellaría de Educación ven de publicar unha nova modificación do catálogo de postos de traballo nos centros de Educación Infantil e Primaria. De novo aplica unha drástica redución tanto do número de unidades como dos postos de traballo. Esta redución afecta brutalmente aos centros máis pequenos da zona rural, así como ás escolas unitarias. Desta vez suprímense 94 postos de traballo netos, despois de que xa o ano pasado se suprimisen outros 132 postos. O sindicato STEG denuncia a situación mediate o presente comunicado. Achegamos cadro completo co saldo de unidades e postos de traballo que desaparecerán para o vindeiro curso 2005-06, segundo DOG 12/07/05, así como o número de escolas suprimidas este ano, que veñen a incrementar aínda máis o grande número de supresións de anos anteriores.

Con esta nova modificación ponse de manifesto:


  • Que a política educativa da Xunta de Galicia pretendeu desgastar e reducir todo o posible o ensino público ata convértelo en subsidiario do privado-concertado, e deixalo coa única función específica de atención asistencial ás clases máis desfavorecidas. A este respecto, hai que resaltar as 33 novas unidades máis concertadas este ano no ensino privado, que contrastan vivamente co saldo negativo de 56 unidades menos no ensino público, ás que hai que sumar 11 escolas unitarias pechadas.

  • Este último parámetro afecta particularmente ao ensino rural, con 130 escolas suprimidas desde 2003. Resulta paradoxal que provincias que todo o mundo considera rurais como Lugo e Ourense, apenas conservan escola rural, dado que esta foi brutalmente “concentrada” nos chamados grupos ou concentracións escolares, porque dende os primeiros anos 80 o deseño político do ensino primou o transporte da poboación escolar no canto de manter a escola como elemento fundamental de vertebración da comunidade e de asentamento da poboación.

  • O desprezo absoluto da Consellaría de Educación ao conxunto do profesorado e, en particular, ás organizacións sindicais como representantes directas do profesorado, pois non houbo ningún tipo de negociación nin participación previa nas medidas que se pretendían tomar.

  • A medida supón, ademais, un problema laboral: 94 interinas e interinos que perderán posibilidades de traballo tras a recolocación do profesorado funcionario agora suprimido. E chove sobre mollado.

  • A falta de liñas de traballo e propostas de futuro da actual Administración Educativa en funcións, rectificando os catálogos de postos de traballo dous anos consecutivos despois da última planificación (Xuño de 2003), o que demostra que a Consellaría actuou sempre na máis precaria inmediatez.


Desde o STEG rexeitamos esta forma de proceder da Consellaría de Educación e demandamos da nova Administración resultante dos comicios do 19 de Xuño a apertura de negociacións para a elaboración duns cadros de persoal e unha rede de centros que contemple a realidade do noso país e a prioridade que o ensino público, e o rural en particular, merecen.




CPI: Centro Público Integrado (Infantil + Primaria + ESO)
EEI / CEIP: Escola de Educación Infantil / Colexio de Educación Infantil e Primaria
unidade: grupo-clase, agrupación de alumnos de un determinado curso
centros supr.: escolas pechadas definitivamente (implican sumar un posto de traballo menos por cada unidade menos)



Voltar a novas

Ver anteriores