ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Cuba volve a demostrar á súa capacidade de resistencia ante os furacáns


Redacción, 16 de xullo 2005. A evacuación de máis de un millón e medio de persoas e a movilización de uns 180 mil efectivos de defensa civil e outras forzas permitiron a Cuba atenuar os danos do furacán Dennis. De acordo con Luis Angel Macareño, segundo xefe do Estado Maior Nacional da Defensa Civil (DC), esas só foron algunhas das razóns que permitiron á illa enfrentar do mellor modo posíbel ao meteoro, que a afectou durante casi 10 horas.

O evento fixo sentir os seus efectos sobre uns 600 quilómetros do territorio nacional e a súa ameaza cerneuse sobre uns oito millóns de personas (de menos de 12 que compoñen a poboación cubana), pero as víctimas fatales que causou foron só 10.

Cada unha de elas dóenos inmensamente, pero non podemos deixar de pensar que en calquera outro país, ante o ataque dun furacán semellante, os mortos sumarían centos, apuntou Macareño no habitual espazo radiotelevisivo Mesa Redonda Informativa.

Sinalou que a DC e outras institucións vinculadas ao enfrontamento a furacáns acumularon 91 horas a esas tarefas entre as invertidas antes e durante o azoute do meteoro, e ese total medrará agora, na fase de recuperación, acotou.

Informou que nas zonas suxeitas a risco habilitáronse uns 1200 centros, na súa maioría escolas, para albergar aos evacuados, aínda que a maioría refuxiouse en casas de familiares ou amigos "nunha nova demostración do carácter solidario do noso pobo".

Do millón e medio de evacuados, referiu, máis das dúas terceiras partes aímda se manteñen nesa condición por vivir en zonas aínda baixo risco ou por habitar vivendas en regular ou mal estado.

O número de animais de distintas especies trasladados a zonas seguras pasou de 400 mil, dixo.

O segundo xefe da DC expresou que para encarar ao meteoro Cuba movilizou uns 1300 medios entre enxeñeiros e transporte que seguirán utilizándose durante a fase recuperativa. Tamén, máis de 200 grupos electróxenos que garantiron as comunicacións.

Macareño subliñou que a alta disciplina mostrada pola poboación, a súa cultura ante fenómenos desta natureza e o sistema de aviso temperá ante a cercanía dun furacán, foron outros factores que determinaron os relativamente poucos danos provocados por Dennis.

De modo especial sinalou a vontade política da Revolución de estabelecer mecanismos capaces de minimizar os efectos en caso de desastres naturais, expresada na permanente preocupación que a ese respecto ten o presidente Fidel Castro.

Recentemente A Habana foi sede dun seminario para autoridades do Caribe encamiñado a fortalecer as capacidades preventivas das nacións da rexión ante estos eventos.

Nesa ocasión Jan Egeland, subsecretario de Nacións Unidas para Asuntos Humanitarios e Coordenación do Sistema de Emerxencias, aseverou que o sistema cubano de protección á poboación está entre os mellores do mundo.

A pasada fin de semana na illa realizóuse o exercicio Meteoro 2005, no que forzas especializadas e a cidadanía entrenáronse para enfrentar unha eventual catástrofe natural, en especial un furacán.

Prensa Latina


Voltar a novas

Ver anteriores