|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
mentira da condonación da débeda
Redacción,
16 de
xullo 2005. Os sete países máis
industrializados do mundo máis Rusia (G-8) acordaron en
Gleneagles (Reino Unido) condonar a débeda multilateral das
nacións máis pobres, pero a cambio esixiron a
aprofundización da política neoliberal que inclúe
a privatización dos servizos básicos como a
distribución de auga potábel.
O primeiro
ministro británico, Tony Blair, confirmou que as nacións
ricas condonaron a débeda multilateral contraída
polos 18 países máis pobres, entre eles, Bolivia,
Nicaragua, Honduras e Guyana, por uns 40.000 millóns de
dólares. Ademais, destinarán 50 mil millóns
de dólares de axuda a Africa e concederán un
financiamiento de tres mil millóns de dólares para a
Autoridade Nacional Palestina.
O
Ministerio de Facenda de Bolivia considera que o stock da débeda
pública boliviana podería reducirse en algo máis
de 2.000 millóns de dólares. Deste monto, 1.748,6
millóns corresponden a obrigas co Banco Mundial (BM) e 306
millóns a débedas co Fondo Monetario Internacional
(FMI). Aínda que ese monto representa o 40% da débeda
boliviana, é dicir un alivio do 22,9% para o PIB, a
Fundación Jubileo opina que se trata dunha condonación
insuficiente.
A cambio da condonación, esixese aos
países supostamente beneficiados que manteñan a
estabilidade macroeconómica, a transparencia fiscal e
aseguren a eliminación de impedimentos para a inversión
privada. Cando se fala de non estorbar á inversión
privada estase a falar directamente de "libre comercio"
no sentido de abrir o país ao capital privado, o que co
tempo supón unha sangría de recursos.
Unha
misión do Fondo Monetario Internacional (FMI) evaluou coas
autoridades do Ministerio de Facenda e do Banco Central de Bolivia
(BCB) o comportamento da economía boliviana durante os
primeiros seis meses de 2005. Os resultados macroeconómicos
son alentadores, segundo os organismos de crédito, pero as
consecuencias prácticas son diferentes. Por exemplo, Potosí
é o departamento no que se presenta unha incidencia de
mortalidade infantil maior que no resto dos departamentos de
Bolivia e nos países de Latinoamérica, segundo unha
reportaxe da Federación de Asociacións Municipais de
Bolivia (FAM). Os municipios de Caripuyo, Sacaca, Uncía,
San Pedro de Boa Vista, Colquechaca, Pocoata e Chayanta mostran
unha alta taxa de mortalidade.
As cifras sobre a pobreza
abundan. Ignacio Ramonet denunciou que "en máis de 70
países, o ingreso medio por habitante é hoxe menor
que hai 20 años…" e que "máis de
3.000 millóns de personas, a mitad da humanidade, viven con
menos de 2 dólares por día…" 58 países
africanos só producen o 2 % da economía mundial e
432 millóns de personas de Asia Meridional viven con menos
de un dólar ao día, o cal descubre que a pobreza non
é só patrimonio de África, alverga tamén
a centenares de millóns en América Latina, "o
patio traseiro da superpotencia", que se desgarrou polas
loitas sociais contra a desigualdade por casi un século, e
a moitísimos habitantes dos propios países ricos; de
facto, un 33% da xente de Miami é pobre.
En
1884-1885, na Conferencia de Berlín, as potencias de Europa
decidiron repartirse Africa incursionando alí militarmente,
promovendo a migración de máis de 40 millóns
de europeos, e someténdoo desde Marrocos até
Sudáfrica. Implantaron figuras como o Protectorado, coa cal
se aliaban coas cúpulas locais para controlar a política
exterior e a forza pública e impoñeron o "libre
comercio", incluido o dos escravos; África viu así
pechada toda posibilidade de crear progreso e benestar para os
seus habitantes e tornouse centro de inversións para o
capital do Norte, surtidor de materias primas e produtos tropicais
como cacahuetes, alméndoas, café e palma.
Unha
das reclamacións da sociedade é a necesidade de
substituir o comercio libre por un xusto. O Instituto Boliviano de
Comercio Exterior (IBCE) exhortou ao G-8 cumprir o compromiso de
eliminar os subsidios á súa produción
agrícola. Se realmente se aplica a medida, Bolivia podería
beneficiarse con mellores prezos e maiores mercados para as súas
exportacións de azúcre, millo, arroz, lácteos,
oleaxinosas e carnes. Na declaración final do cúmio
do G-8 chámase a eliminar todas as formas de subsidios á
exportación "nunha data críbel".
Non
embargante, de non estabilizarse o prezo do petróleo no
mercado internacional, o crecemiento dos países
industrializados pode trabarse e con iso diminuir a demanda de
materias primas no país, opina o presidente do Banco
Central de Bolivia (BCB), Juan Antonio Morales. A semana que
conclúe o prezo internacional do cru chegou a un dos seus
límites históricos situándose en 61.28
dólares o barril.
Bolpress
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|