|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG xestionará 5 consellarías no futuro
bipartito
Redacción,
16 de xullo 2005.
As negociacións entre BNG e PSOE poderían estar xa
case definidas. Todo apunta a que os nacionalistas xestionarán
4 consellarías (Industria
e Comercio, Vivienda,
Cultura, e Medio Rural) ademais da Vicipresidencia única a
cargo de Anxo Qintana, que levaría adunta á
consellaría de Benestar Social. Quintana ocuparía
ademais a responsabilidade de Relacións Institucionais, o
que supón que será o interlocutor oficial co Goberno
Central.
A pesar dos avanzos no reparto das
responsabilidades do futuro Goberno Galego as negociacións
aínda non concluíron, pois aínda existen
discrepancias con respeito da ubicación das areas de Montes
e Comunicación Social(o que inclúe a CRTVG).
Por
outra banda o PSOE quedaría coa Presidencia da Xunta, así
como a do Parlamento e xestionaría as consellarías
de Presidencia (con responsabilidades en Interior, Xustiza e
Emigración), Economía, Obras Públicas,
Transporte e Urbanismo, Educación, Pesca, Sanidade, Medio
Ambiente e Emprego.
O vindeiro luns constitúese o
novo Parlamento pese a que as negociacións poderían
non estar aínda pechadas. O 4 de agosto sería a data
da sesión de investidura do novo Presidente da
Xunta.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|