|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Este
xoves e venres Fest@ctiva adica ao Novo Circo a segunda
semana de actividades
Redacción
16 de marzo 2006
esta fin de semana
celébrase a segunda tanda do programa de actividades de
ocio alternativo
para a Mocidade Festactiva no Instituto Fontiñas en
Compostela.
Nesta
ocasión, a programación estará centrada no
Novo Circo, unha das tendencias culturais máis en auxe
entre a mocidade e xuventude galegas. Así, o xoves 16 e
venres 17 impartiranse en horario de 22 h. a 01.00 h. obradoiros
de malabares, impartido polo colectivo Alehop de Pontevedra, de
Clown, impartido por membros da Compañía
Galega de Clown Os Sete Magníficos máis Un (compañía
oficial do Festiclown) e de equilibrio,
no que o colectivo Mananzas de Ourense desvelará a os e as
participantes as técnicas do monociclo, os zancos, o rulo
americano, o arame e a bola de equilibrio.
O
venres 17 terá lugar a actuación do grupo Revira7 do
I.E.S. E. Pondal, que representará algúns fragmentos
de “Así Fan Todas”, a montaxe teatral que están
a preparar ao longo deste curso escolar. Tralos escolares, “A
Noite Paiasa” achegará ao escenario de Fontiñas
a dúas compañías galegas de novo circo: Peter
Punk, cun espectáculo de malabares e clown e a compañía
Pajarito, que combina varias vertentes do novo circo, como a
maxia, o clown e o cabaré.
Despois da positiva
realización das dúas noites adicadas á
“Cultura do hip hop” que se realizaron o xoves e
venres anteriores, a mocidade Compostelana e da Comarca teñen
unha nova oportunidade de participar deste programa de ocio
alternativo e especialmente de obradoiros innovadores como son os
de clown e equlibrio. Estes obradoiros, como o resto de
actividades de Fest@ctiva, son totalmente abertos e de balde.
A
estas xornadas temáticas seguiralles o venres 24 de marzo
Fest@cción, unha grande festa final na que se realizarán
demostracións dos obradoiros impartidos e un concerto no
que actuarán algúns dos grupos locais que ensaian en
San Lázaro: Materia (rock duro), Sen nome (rock 70) e Mito
Escrito, Pa la Peña e Bronquitis Crónica (hip hop),
xunto a Non Residentz, un dos grupos máis sobresaintes da
escena hip hop galega.
Fest@ctiva, organizado polo
Departamento de Educación e Mocidade do Concello de
Santiago de Compostela e xestionada por Coper@ctiva Cultural –
Culturactiva S. C. G., pretende ofrecerlle á mocidade
alternativas de ocio e culturais, cubrindo un oco que neste senso,
existe nas políticas programáticas para a
mocidade en Galiza.
Este programa propón unha
alternativa á diversión estándar, basado
na autoxestión do ocio da mocidade galega e conxugando
formación, tempo libre e diversión. Festactiva
promove outro xeito de facer festas, onde a xente é a
verdadeira protagonista e tódolos participantes teñen
un lugar nas demostracións e actividades
finais.
Desde a organización animamos á
participación de todos os mozos e todas as mozas a
participar nesta actividade na que facer do seu ocio unha
alternativa. Todas aquelas persoas que desexen máis
información poden consultar o portal de internet
www.culturactiva.org
ou chamar ao telf: 981 58 28 36.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|