Publicidade
Contacto
|
*20 piscifatorías galegas, algunhas con anos de funcionamento, carecen aínda de permisos de vertido
Redacción 15 de novembro de 2006 Logo de que en setembro pasado, ADEGA tivera que recorrer ao Valedor do Pobo para coñecer que a piscifatoría de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán non dispuña de permiso para verter nun espazo da Rede Natura, aberta hai máis de 5 anos, ADEGA interesouse tamén polo estado das demáis instalacións de acuicultura de Galiza-Costa...[ler máis]
Desta volta, non houbo que recurrir ao valedor e a resposta do organismo Augas de Galiza foi máis rápida. No entanto, a información subministrada resulta cando menos preocupante: nada menos que 27 piscifatorías na bacía de Galiza-Costa carecen aínda de autorización de vertido, algunhas con máis de 10 anos en funcionamento, incluídas instalacións dependentes da propia Consellería de Pesca.
A situación non deixa de ser sorprendente xa que o permiso autonómico que debe solicitarse a Augas de Galiza ten que concederse con anterioridade á licenza municipal de obras. En ADEGA preguntámonos cómo é posíbel que unha instalación industrial poida levar anos funcionando sen que ninguén lle teña marcado os límites legais para as súas emisións contaminantes.
As augas que se verten provintes do circuito da piscifatoría, millóns de metros cúbicos ao ano, teñen unha alta carga orgánica e poden levar disoltos antibióticos usados para tratar as enfermidades dos peixes, alén doutos produtos químicos para a limpeza dos tanques, etc. No millor dos casos, a única medida de “depuración” á que se someten os efluentes é unha malla metálica de 1 milímetro de paso. Estes datos proveñen da documentación oficial do estudo de impacto da piscifatoría de Piñeira, en Ribadeo, que se atopa en tramitación.
ADEGA non se posiciona en contra das piscifatorías. Pero estas instalacións, aliás de dimensionadas e integradas no medio, non deben ser insustentábeis e contaminantes. E alén disto, deben cumprir a lei e ter todos os permisos en regra coma calquera outra empresa ou instalación. É responsabilidade das administracións vixiar polo cumprimento da lexislación que como a Lei de Calidade das Augas das Rías, persegue garantir a calidade das nosas augas e de paso o futuro das actividades tradicionais como a pesca e o marisqueo.
A actidude de desleixo que Augas de Galiza ten a este respeito é impropia dunha administración que debe salvagardar os intereses públicos e vixiar polo medio acuático galego por riba de calquera interese privado. A permisividade e ineficacia amosada por este organismo neste e noutros casos lévanos a solicitar a demisión do Presidente de Augas de Galiza.
Titular da instalación ------------------------- Concello
GRUPO TRES MARES S.A. ---------------------- CEE
JUAN QUEIRO QUEIRO -------------------------- LOUSAME
JUAN QUEIRO QUEIRO -------------------------- TORDOIA (2)
JUAN QUEIRO QUEIRO --------------------------- VILA DE CRUCES
STOLT SEA FARM S.A. --------------------------- CAMARIÑAS
STOLT SEA FARM S.A. ---------------------------- CARNOTA (2)
STOLT SEA FARM S.A. ---------------------------- MUXÍA
STOLT SEA FARM S.A. ---------------------------- RIBEIRA (2)
INSUÍÑA S.L. ----------------------------------------- MUXÍA
AMPARO VÁZQUEZ TRIGO ---------------------- ORDES
HERMANOS FARIÑA ANDRADE S.L. ------------ VIMIANZO
HERMANOS FARIÑA ANDRADE S.L. ------------ CERCEDA
ISIDRO DE LA CAL FRESCO S.L. ---------------- FOZ
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS –
DIR. XERAL DE RECURSOS MARIÑOS -------- O VICEDO
PISCIFACTORÍA TROITAS MIRANDA --------- BARREIROS
INSUA MAR S.L. ---------------------------------- XOVE (3)
INSUÍÑA S.L. -------------------------------------- RIBADEO
TRUCHAS DEL UMIA S.L. ---------------------- MORAÑA
AQUACRÍA AROUSA S.L. ---------------------- CAMBADOS
FACTORÍA ALESA 72 S.L. ---------------------- ILLA DE AROUSA
PISCIFACTORÍA DE CASTRO ------------------- VIMIANZO
MARCULTURA S.A.0 ----------------------------- NEDA
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade:
|