GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*O CEIDA organiza un seminario para perfeccionar a educación ambiental

Chuza! esta nova!
Redacción 15 de novembro de 2006 O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un Seminario Internacional “Perfeccionamento en Educación Ambiental: Pensar Estratexicamente” que se celebrará os próximos 23, 24 e 25 de novembro no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros.

O obxectivo é reflexionar sobre os retos da Educación Ambiental para que funcione como un instrumento que contribúa á sustentabilidade e á mellora da problemática actual.

Durante os tres días das xornadas, os relatores complementarán a formación e a cualificación profesional dos educadores ambientais galegos para aumentar a eficacia do uso da Educación Ambiental como unha ferramenta de intervención social.

A participación de expertos de recoñecido prestixio neste campo animará á reflexión sobre a situación e os problemas da Educación Ambiental en Galicia e, así mesmo, compararase co caso doutros países con afinidades culturais e lingüísticas tales como Portugal, Brasil e Cabo Verde.

Por último, con estes tres días de seminario preténdese fortalecer as relacións de cooperación internacional entre as administracións e os educadores ambientais.

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade: