Publicidade
Contacto
|
*A asociación cultural O Galo presentou o “I Simposio Prisciliano” que terá lugar o 24, 25 e 26 de novembro en Compostela

Redacción 15 de novembro de 2006 O simposio conta coa participación de persoeiros de grande relevancia nos ámbitos científico, xornalístico, e cinematográfico, de diversos pontos de Galiza e do Estado. O Simposio terá lugar no Auditorio de Galiza, e conta coa colaboración da Dirección xeral de Turismo, o Xacobeo, do Concello de Santiago, e da Vicerreitoría de Extensión Cultural da USC.
Esta presentación contou coa colaboración de:
- Dna. PILAR MORGADE SAAVEDRA. SUBDIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO E COOPERACIÓN.
- D. NÉSTOR REGO CANDAMIL. CONCELLEIRO DE CULTURA E 1º TENENTE ALCALDE DE SANTIAGO.
- D. ÓSCAR FERNÁNDEZ REFOXO. PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN CULTURAL O GALO.
- D. MANUEL VÁZQUEZ CABO. MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. O GALO.
- D. IAGO CARREIRA TRIGO. MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. O GALO.
Segundo os organizadores, o obxectivo deste Simposio é dar a coñecer unha figura histórica de grande relevancia na historia de Galiza, así como unha etapa histórica na que Galiza gozou de grande relevancia, especialmente no plano cultural e da cal pouco se sabe ou está ocultada. Deste xeito a figura de Priscilano, asasinado en Tréveris, e posteriormente recoñecido como Mártir, será tratada desde diferentes ópticas: a histórica, a arqueolóxica a filosófica, a literaria, a xeografía política e humana, a xornalística e mesmo a cinematográfica.
O simposio conta coa participación de persoeiros de grande relevancia nos ámbitos científico, xornalístico, e cinematográfico, de diversos pontos de Galiza e do Estado como María Victoria Escribano Paño, Profesora de Historia Antiga da Universidade de Zaragoza, Josep Vilella Masana, Profesor de Historia Antiga da Universidade de Barcelona, Xoán Bernárdez Vilar, Profesor e investigador, Francisco Carballo Carballo, Crego e Profesor, Anselmo López Carreira, Profesor da UNED, e o Profesor da Universidade da Coruña, Eduardo López Pereira, aos que se sumarán os arqueólogos Álvaro Rodríguez Resino, investigador da USC, Felipe Senén, da deputación d´A Coruña visión desde a literatura será tratada por: Victorino Pérez Prieto, Profesor da Universidade da Coruña e Crego, e polo músico e dramaturgo, Millán Picouto. Como xornalista Ramón Chao Rego, tratará a coñecida polémica sobre o enterramento de Prisciliano na Catedral de Santiago.
Este ciclo será aberto polo ensaísta e filósofo, Xosé Chao Rego autor do coñecido libro Prisciliano: Profeta contra o poder, que tamén dará título á conferencia inaugural. Para rematar o Director e Productor de Cinema: Ismael González, que esbozará un argumento cinematográfico sobre a figura do heresiarca.
Non poderán asistir:
Henry Chadwick da Universidade de Oxford e Alain Tranoy da Universidade de Paris estes dous por problemas de saúde dada e Josep Vilella Profesor Titular de Hº Antiga da Universidade de Barcelona que por motivos persoais non pode asistir, pero os textos das súas ponencias serán incluidas nas actas do simposio que se editarán posteriormente.
Estase a tramitar un crédito de libre configuración para estudantes.
Descarga aqui o horario do Simposio en pdf
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade:
|