ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*O vindeiro 28 presentarase en Lugo o último libro de Paco Martín A bisneta lercha (Contos de sempre para ler hoxe)

Redacción 15 de setembro de 2006
CÍRCULOS LÍTICOS, en colaboración coa AS-PG e mais a Editorial GALAXIA, presenta, na súa sección “Lendo libros, Lendo libres”, o último traballo narrativo do escritor Paco Martín, A bisneta lercha (Contos de sempre para ler hoxe), o día 28 de setembro , ás 20 h. no salón de actos do centro socio-cultural Uxío Novoneira, da cidade de Lugo.

A presentación realizarase coa lectura de textos escolmados dos catro contos que compoñen o libro, e mais dos contos infantís nos que dalgún xeito se inspiran, nas voces de Antón Fortes, Isidro Novo, Lois Diéguez, Ester Pedrouzo e Paco Martín. A presentación levará, ademais, proxección de imaxes e música, e ao final haberá unha conversa dos presentadores e do público co autor do libro.

Con esta presentación, o colectivo poético CÍRCULOS LÍTICOS, comeza unha chea de actividades encamiñadas a popularizar a lectura e o debate como método de comunicación excelso para sermos realmente libres.

Voltar a novas


Ver anteriores