|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa e a Dirección Xeral de Xuventude colaborarán
para romper as “inercias diglósicas” entre a
xente nova
Redacción,
15 de setembro
2005
O
Goberno e o movemento cidadán asumen o “reto
histórico” de volver transformar o galego na primeira
lingua da mocidade. Responsábeis
da Mesa
pola Normalización Lingüística
entrevistáronse esta mañá co Director Xeral
de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galiza, Rubén
Cela.
A asociación en defensa do galego, que levaba
dous anos agardando a ser recibida pola persoa que detentaba esta
responsabilidade no anterior goberno, xulga este encontro como
“moi positivo” e valora singularmente a axilidade e o
interese en dialogar demostrado polo novo Director Xeral.
Rubén
Cela concordou coa Mesa en “realizar un traballo acompasado,
entre administración e movemento cidadán, co
obxectivo de rachar coas inercias diglósicas que aínda
perviven en boa parte da mocidade galega”. Así, A
Mesa e a Dirección Xeral de Xuventude asumen o “reto
histórico” de volver transformar o galego na primeira
lingua da mocidade, para o cal se deseñará unha liña
de accións que garanta os dereitos lingüísticos
dos mozos e das mozas.
Por
parte do colectivo cidadán, asistiron ao encontro Iria
Taibo (Responsábel Nacional de Mocidade pola Normalización
Lingüística), Carlos Callón (Presidente da
Mesa) e María Xosé Jamardo (Secretaria
Xeral).
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|