|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
auga voltará a ser a protagonista en Vilagarcía
(pese a seca)
Redacción,
15 de
agosto 2005
A pesar da seca que levamos sofrido este ano, a auga voltará
a inundar as rúas da cidade arousá na maña do
16. Esta orixinal procesión adicada ao patrón da
cidade, San Roque, congregará a milleiros de “fieis”,
(non sabemos se so santo ou da auga) nunha festa “humida”
que xa comeza na noite anterior co Aqua Parade 2005, a
partir das 22.00 horas. Zona Tir. Amigos de Bals e Heissel
actuarán nesta festa na que haberá DJ's, gogós,
animación, performances, zancudos ou pantallas de video,
entre outros elementos.
A Festa da Auga é xa unha
das citas imprescindíbeis do verán galego e proba
diso é que ano tras ano o número de visitantes vai
en aumento. 30.000 na pasada edición.
Pese a que
todo parece estar ben controlado e organizado a festa é un
descontrol colectivo que paga a pena vivir. Os mozos e
mozas do lugar adoitan saír a noite anterior, xa preparados
para a molladura, coas camisolas típicas que cada grupo de
amigos e amigas fai para a ocasión.
Isto non é
tan diferente do que se fai en calquera outra festa se non fora
porque logo de toda a noite de carallada e
xa cos primeiros raios de sol (a Festa da Auga comeza
“oficialmente” ás 12:00 h.) a xente sofre un
extraño instinto que lles obriga a mollar a todo aquel ou
aquela que teñan ao seu redor e curiosamente sen que a este
ou esta lle importe o máis mínimo!
Pero aí
non acaba todo, como xa dixemos a Festa da Auga é en sí
mesma unha procesión na honra de San Roque, pois ben
despois da longa noite festeira e das primeiras molladuras
matutinas a xente congrégase sobre as 11:45 h. ao longo de
todo o percorrido por onde se leva ao santo (dende a igrexa de
Santa Eulalia até a capela de San Roque) .
Unha vez
o Santo de volta “na casa” comeza oficialmente a Festa
da Auga e un exército de bombeiros comezan unha loita sen
cuartel cos milleiros de homes e mulleres que alí acudiron
para mollarse. Os veciños do lugar guindan auga polas
fiestras e co decorrer da mañá a Festa vaise
concentrando polas zona de viños (a rúa da Baldosa)
onde os altofalantes de algún bar animan a festa durante
toda a tarde.
É pois esta Fetsa da Auga un
descontrol colectivo que
dende Arroutada Noticias animamos a vivir.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|