|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*17
de agosto: día da Galiza Mártir
"Bóveda
terá de ser n-un mañan próximo ou lonxano a
bandeira da nosa redención." Castelao
Redacción,
15 de
agosto 2005
O 17 de Agosto, Día da Galiza Mártir,
lémbrase na Galiza a represión exercida polo
fascismo contra o pobo galego, nomeadamente coas persoas máis
comprometidas coa liberdade da Galiza e co seu desenvolvemento
social, económico e cultural. Milleiros de persoas sufriron
na Galiza cárcere, tortura e asasinatos (xudiciais e
extraxudiciais), nun proceso que eliminou unha xeración
comprometida coa liberdade e rachou de vez o avanzo e a evolución
natural do nacionalismo galego, que tería de reorganizarse
de novo nos anos 60.
Alexandre Bóveda foi submetido
a un xuízo inxusto e condeado a morrer por un Tribunal
Militar; asasinado nas corredoiras da Caeira (Poio) o 17 de Agosto
de 1936, manifestou no xuízo o seu desexo de ser soterrado
baixo a bandeira galega, nunhas palabras que aínda
estremecen:
"A miña patria natural é
Galiza. Ámoa fervosamente, xamais a traizoaría, inda
que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis
alá da miña morte. Se entende o tribunal que por
este amor entrañábel, debe serme aplicada a pena de
morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen
canto puiden por Galiza e faría máis se puidera. Se
non podo ata me gustaría morrer pola miña patria.
Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, si o tribunal,
en conciencia, xulga que debo selo. "
Xosé
Sesto, quen na morte de Bóveda apresurouse para poder
colocar a bandeira galega debaixo da súa chaqueta, contaba
que moitos crían que Bóveda morrera, que Alexandre
Bóveda morrera definitivamente. "Están, estaban
equivocados os asasinos, os enterradores. Por el, por Alexandre,
puido decir Castelao, seu irmán, seu amigo, no seu álbum
Galiza Mártir "non enterran cadáveres, enterran
semente".
Castelao, desde o exílio, achou que o
17 de Agosto deberia ficar como " Dia da Galiza Mártir",
e así apareceu recollido na revista A Nosa Terra do 25 de
xullo de 1942:
"Nun día como ise do ano 1936,
as forzas negras da reaución nemigas da liberdade de
Galicia e treidoras a República Hespañola, fusilaron
ao mártir máisimo da Patria Galega: Alexandre
Bóveda, segredario do Partido Galeguista. (...)Isa data,
Día dos Mártires Galegos, ficará consagrada
na ialma do pobo galego como xusta eisaltación dos que
deron o seu sangue e a súa vida pola nosa sagra Terra e
ficará como eterna maldizón para os treidores de
Galicia e pra os que decretaron i executaron as mortes dises
milleiros de irmáns nosos". O irmán Bóveda
simbolizaria a todos os galegos e galegas vítimas da
barbarie fascista e do martirio da nosa Terra no decorrer da
História.
Con motivo do Día da Galiza Mártir,
Galiza Nova
organiza por terceiro ano un xantar de confraternidade no Pazo da
Cultura de Pontevedra ás 14:30 h, ademáis de animar
loxicamente á mocidade a participar de todos os actos
convocados. As e os interesadas/os en asistir poden apuntarse
antes do día 12 no 986.866.205, en horario de 10 a 14
h..
Galiza
Nova entende que o povo galego non pode nen debe esquecer a Bóveda
nen a todos e a todas as mártires da Patria que loitaron
por construir unha nación libre, democrática e
popular.
O conxunto de actos
convocados son os seguintes:
13 H. A Caeira.
Poio.
Oferenda floral e intervencións a cargo do
Presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando
Quintela, e do Alcalde de Poio, Luciano Sobral
18 h.
Cimeterio de San Amaro-Pontevedra
Oferenda floral
20
h. Praza de Curros Enríquez-Pontevedra
Acto político
coa intervención de Francisco Rodríguez, portavoz do
BNG no
Congreso e Secretario de Iniciativas Políticas da Executiva
Nacional do BNG.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|