ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*Estados Unidos manten secuestrados aos cinco cubanos antiterroristas


Redacción, 15 de agosto 2005 A prisión dos cinco cubanos antiterroristas en Estados Unidos converteuse nun secuestro a partir do fallo da Corte de Apelacións de Atlanta que anulou por ilegal o xuizo onde foran condenados. Ese calificativo foi subliñado autoridades cubanas, avogados, expertos e grupos solidarios con quen, desde hai sete anos, sofren cautiverio en cárceres norteamericanas, grazas a un proceso que acaba de ser declarado inválido e mediatizado.

O presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular (Parlamento), Ricardo Alarcón, ratificou ese criterio desde Venezuela, onde asistiu ao XVI Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes.

A liberación inmediata dos Cinco debe ser a principal consecuencia do histórico paso dado polos maxistrados de Atlanta, cuxo fallo ten total apego á Constituciòn e las demás leis do seu país, puntualizou Alarcón.

Tras lembrar que os mozos encarcerados loitaban contra os grupos terroristas afincados en Miami coa compracencia do goberno estadounidense, Alarcón reiterou o carácter de secuestro que ten mantelos tras as reixas despois da decisión de Atlanta.

Pola súa parte, o avogado cubano Roberto González, en entrevista con Prensa Latina, sinalou que a decisión da Corte respalda o criterio expresado, incluso por un grupo de traballo da ONU, sobre a manipulación do proceso seguido aos todavía reclusos.

Foron declarados inocentes tamén técnicamente, precisou, ao referirse á sentencia dictada, en forma unánime, polos tres xuices da instancia xudicial de Atlanta que pon ao descuberto as irregularidades do xurado de Miami.

Unha representación dos grupos de solidariedade coos Cinco existentes en América Latina e o Caribe, reuniuse no Instituto Cubano de Amizade coos Pobos (ICAP) co presidente de ese organismo, Sergio Corrieri, para ratificar similar posición.

Els reclamaron, nun documento aprobado no lugar, que se abran inmediatamente as reixas das cárceres onde se atopan os cubanos antiterroristas co fin de reparar a inxustiza cometida.

Igualmente, esixiron castigo para quen, como Luis Posada Carriles, son culpábeis de innumerábeis actos de terror contra os pobos de Cuba e de outros países e agora gozan da protección oficial en territorio norteamericano.

Desde distintas provincias cubanas realizáronse tamén actos populares, durante os cais demandaron o cese do agora sinalado como secuestro e o regreso á súa nación das víctimas de esa ilegal reclusión.

Tais prantexamientos se repiten en Cuba e no extranxeiro en momentos que a loita por excarcerar aos Cinco parece entrar nunha etapa crucial onde o goberno de Estados Unidos aparece como o principal acusado.

Javier Rodríguez
Prensa Latina



Voltar a novas

Ver anteriores