|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Josep
Antoni Durán i Lleida analizará os contidos do
Estatuto catalán nos encontros do Club Internacional de
Prensa
Redacción
15 de marzo 2006
O
secretario xeral de CiU –Convergència i Unió-
e
deputado voceiro do Grupo Parlamentario Catalán, Josep
Antoni Durán i Lleida ofrecerá hoxe mércores
15 de marzo ás 20:00 horas, unha Conferencia que
analizará Os Contenidos do Estatuto de Cataluña.
O catedrático de Ciencias Políticas da Universidade
de Santiago de Compostela, Xosé Luis Barreiro Rivas, será
o encargado de presentar ao político catalán. A
conferencia enmárcase no espazo Os Encontros do Club,
creado polo Club Internacional de Prensa de Galiza –da
Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de
Galiza- para xerar debate e reflexión sobre aqueles temas
que atinxen á vida social do país.
Josép
Antoni Durán i Lleida é licenciado en Dereito e foi
profesor na Facultade de Dereito de Lleida. Ingresou en Unió
Democrática de Cataluña no ano 1974 e desde entón
ocupou diferentes postos no partido até que no ano 1987 foi
elixido presidente, cargo que ostenta na actualidade. No ano 1976,
Durán i Lleida abriu un despacho de abogados que dirixíu
ata 1997.
Ademais, foi deputado no Congreso polacoalición
Convergencia i Unió durante as lexislaturas do 82, 86 e 89.
Desde as eleccións de outubro de 1999 é deputado ó
Parlamento de Cataluña e en decembro de 2001 foi nomeado
secretario xeral da federación de Convergència i
Unió. Desde marzo de 2004 é deputado portavoz do
Grupo Parlamentario Catalán (CiU) no Congreso dos
Deputados, e presidente da Comisión de Asuntos Exteriores.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|