|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Chega
a parcelaria virtual da man dos Fillos de
Galicia
Redacción
15 de febreiro
2006
A Asociación
Cultural Fillos de Galicia
vén de crear un proxecto para achegar
o noso país ós saudosos da emigración por
medio do seu portal Parcelaria.com.
A idea consiste en vender parcelas virtuais a partir dun mapa
gráfico de Galiza, dividido en 1.048 unidades visuais (e
tamén virtuais) pola cantidade de 381,68 euros.
O
comprador disporá deste espazo virtual para situar nel unha
ligazón ou mesmo a súa páxina web. O proxecto
diríxese cara ó engrenaxe empresarial e
institucional galego, coa vantaxe de patrocinio.
Non
se esquecen dos galegos do “desterro”, tamén
eles teñen a posiblidade de adquirir calquer recuncho de
Galiza, alén dos mares. Finalizada a compra-venda, a web
permanecerá pendurada durante dez anos na Rede, a xeito de
“collage-espello” para reflecti-la Galiza da Internet
neste intre.
Obxectivos · Acada-los
400.000 euros para cubri-las necesidades da propia asociación ·
Dar un pulo cualitativo na xestión e mellora dos seus
proxectos, como son: Atopadoiro.org (base de datos para o
reencontro familiar); Planetagalego.info (portal informativo), ou
Galeguidade.net (portal dirixido ós centros
galegos)
Orixes Fillos de Galicia creouse no
1997, o encargado foi Manuel Casal Lodeiro. Nos seus comezos a
pretensión era a de pór en contacto a Galiza cos
emigrantes galegos. Conta con máis de 3.000 membros en
España, Portugal, Arxentina, Panamá, Brasil ou os
Estados Unidos. Fillos.org é, segundo indica Casal Lodeiro,
“o maior sitio na Rede adicado á emigración
galega”.
Fonte:
Código
Cero.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|