Publicidade
Contacto
|
*Ouvirmos presenta a reedición das gravacións históricas da Coral De Ruada
Redacción 14 de decembro de 2006 O disco, titulado Escena Coral Galega, contén a restauración das gravacións que o Coro realizou en 1929 para a casa Regal. Lánzase dentro da colección de rexistros históricos A Tiracolo, nun formato especial con 20 páxinas de investigación, realizada por Javier Garbayo, e fotografías do arquivo da Coral, moitas delas inéditas. A restauración sonora levouna a cabo Pablo Barreiro da Radio Galega.
O Coro De Ruada -o seu nome na época- estaba nun dos seus mellores momentos artísticos cando realizou estas gravacións. Naquela altura o director do Coro, Daniel González, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño, e baixo a presidencia de Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas corais galegas, a maior contribución de De Ruada ao coralismo galego. Estas escenas eran representacións parateatrais nas que se conxugaba música, escenografía, coreografías e iluminación na busca da arte total.
Entre as pezas recuperadas destaca a escena coral Canto d’as chirimías. Nunha colaboración extraordinaria, podemos escoitar aos propios menestreis da catedral tocando con instrumentos orixinais a Marcha das chirimías, peza de arredor do s. XVI que se intrepreta na catedral compostelá nalguns acontecementos. Trátase dun documento sonoro insólito pois é a primeira gravación de repertorio das catedrais galegas.
A restauración complétase con pezas tan ourensás como a Foliada de Amoeiro, a Pandeirada de Trives ou o célebre Alalá de Ourense, gravadas en 1950.
Un disco para recuperar a memoria musical ourensá.
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|